CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

Compostela Aberta reiterou o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza, na xuntanza que María Rozas e Branca Novoneyra mantiveron con Berta Secall e Lupe Carballo, representantes da Plataforma que vén demandando a creación deste centro. Está previsto que no próximo Pleno se aprobe unha declaración institucional para reclamar o conservatorio, “para o que é evidente que existe demanda, e para o que o Concello está en disposición de ceder un solar axeitado para a súa construción”.

Branca Novoneyra incidiu en que “Santiago precisa avanzar na implantación das ensinanzas artísticas, e o Conservatorio Profesional de Danza é un primeiro paso cara un obxectivo de futuro que debera ser a creación dun Ciclo Superior de Danza en Compostela, que sería o primeiro da nosa comunidade”. A concelleira de Compostela Aberta lembrou que “Lugo e A Coruña contan cun conservatorio profesional de danza que na capital galega non temos, e iso obriga a grandes desprazamentos ás persoas que queiran cursar os seus estudos nos centros oficiais adscritos á Consellería de Educación”. Nesa liña, Novoneyra explicou que “son centos as alumnas e alumnos inscritos nas escolas privadas de danza que están activas na cidade, e a demanda non para de medrar”. 

Compostela Aberta leva anos apoiando as demandas da Plataforma para o Conservatorio de Danza de Santiago, “que vén facendo un enorme traballo para reclamar este centro, reflexado nos centos de sinaturas de apoio que teñen recollidas”. Para CA, “é tamén moi boa noticia que o Pleno da Corporación vaia aprobar por unanimidade esta declaración institucional, ao contrario do que aconteceu en novembro de 2019, cando o PP se abstivo na votación dunha proposta para reclamar que o Concello xestionara coa Xunta a implantación do Conservatorio Profesional de Danza de Santiago”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo