CA súmase á concentración para exixir “políticas valentes que garantan o dereito a unha vivenda digna e freen a especulación”

Marta Lois lembra que “en Santiago non se estrea unha promoción de vivenda pública desde 2010, e a lista de aspirantes ronda as 750 persoas”

Compostela Aberta sumouse hoxe á concentración convocada polo Movemento Galego pola Vivenda Pública, baixo o lema “Por un parque de vivenda público, non á especulación”. No acto de protesta, celebrado diante do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a portavoz municipal de CA revindicou “políticas valentes, que garantan o dereito fundamental da cidadanía a unha vivenda digna, e que freen os privilexios dos que se dedican á especulación cun ben fundamental”.

Marta Lois incidiu en que “boa mostra da pasividade dos Gobernos de Feijóo neste eido é o que acontece en Santiago, que leva desde o ano 2010 sen estrear ningunha promoción de vivenda pública”. A portavoz de Compostela Aberta lamentou que “despois de 12 anos, a Xunta queira vender como unha gran aposta a construción de 60 novos pisos na capital galega, cando a demanda de aspirantes para ocupalos ronda os 750 solicitantes”. Ademais, incidiu a concelleira, “entre esas novas vivendas seguen sen atoparse as previstas desde hai máis de 15 anos en Xoán XXIII, nunha parcela que continúa abandonada malia a súa espléndida situación”.

O Movemento Galego pola Vivenda Pública explica que a media de vivendas de protección iniciadas nos últimos 7 anos é de só 74 anuais, de xeito que serían precisos 200 anos para atender unha demanda que supera as 11.000 persoas, segundo o Rexistro Oficial de Demandantes. Tal e como explica o colectivo, as promocións públicas son ademais fundamentais para frear a escalada dos prezos da vivenda, tamén dos alugueiros que se encareceron un 25 por cento nos últimos cinco anos.

Tal e como denuncia o colectivo, o Goberno de Feijóo está a ignorar as necesidades dos galegos e das galegas en materia de vivenda, e a ausencia dunhas políticas comprometidas tradúcense en que temos na nosa comunidade case 300.000 vivendas baleiras mentres aumentan os desafiuzamentos de persoas que non poden afrontar a suba dos prezos. Ademais, o Movemento Galego pola Vivenda Pública lamenta que o proxecto de Lei de Vivenda do Goberno do Estado non vai ser a solución para garantir o dereito a unha vivenda digna, non freará os desafiuzamentos, non contempla medidas valentes de expropiación para mobilizar as casas baleiras propiedade da banca, e non aposta pola utilización das vivendas da SAREB como vivendas públicas de alugueiro.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo