CA traslada o seu apoio ao Santiago Futsal “por unha situación da que o Goberno de Bugallo é corresponsable”

  • Xan Duro lamentou que o equipo non puidera inscribirse na competición e lembra que “o Concello tardou cinco meses en tramitar o pago dunha subvención que era fundamental para a supervivencia do equipo”

Compostela Aberta trasladou hoxe o seu apoio ao Santiago Futsal, tras confirmarse que non puido inscribirse na Segunda División B de Fútbol Sala ao non saldar a débeda que mantén coa Federación Española de Fútbol. O concelleiro Xan Duro foi moi crítico “co lamentable papel que xogou o Goberno de Bugallo, que debe sentirse corresponsable da caída dun equipo que foi referente na cidade”. Nesa liña, o edil lembrou que “o atraso no cobro da subvención municipal foi unha das causas polas que o Futsal non puido asumir os seus gastos a tempo para seguir na competición, a concelleira Esther Pedrosa era perfectamente consciente da situación pero non fixo nada para solucionala, e por iso debera asumir as súas responsabilidades políticas”.

O Santiago Futsal non puido inscribirse na competición porque mantén unha débeda de menos de 10.000 euros coa Federación Española de Fútbol, relativa a sancións e gastos de arbitraxe. Tal e como veñen explicando os responsables do equipo, esta débeda podería ser saldada co diñeiro da subvención municipal, que habitualmente se cobraba no mes de febreiro e que o Goberno de Compostela Aberta chegou a abonar en dous tramos, en setembro e en febreiro, precisamente para favorecer a liquidez das entidades deportivas. O Goberno de Bugallo non resolveu as axudas de 2021 ata xullo de 2022, e no caso do Futsal non chegou a abonala porque o club mantén débedas con Facenda, que tería saldado en maio no caso de ter  cobrado a subvención a tempo.

Xan Duro lembrou que “Compostela Aberta leva meses advertindo da delicada situación na que quedaban moitas entidades deportivas de Santiago polo atraso no cobro das subvencións municipais, que son fundamentais nas súas economías precarias para afrontar gastos como o das inscricións nas súas competicións”. O concelleiro de CA incidiu en que “xa en maio pedimos explicacións no Pleno, que a concelleira de Deportes non foi quen de dar e preferiu cederlle a palabra á responsable de Facenda, escondéndose unha vez máis, como fixo durante meses coas entidades deportivas que lle reclamaban o pago das axudas”. Duro incidiu en que “Esther Pedrosa era moi consciente da situación do Santiago Futsal, e non fixo absolutamente nada para axilizar o pago dos 65.000 euros que o equipo tiña concedidos para 2021, aos que deberan sumarse outros 54.000 euros correspondentes a 2022”. Para o edil de CA, “Pedrosa como concelleira de Deportes e Bugallo como alcalde deben asumir a súa responsabilidade no acontecido co Santiago Futsal, porque quedou demostrado que as consecuencias da súa pasividade e incompetencia son a día de hoxe irrevertibles”. Por último, Xan Duro reclamoulle ao Goberno “que empece a prestarlle ao Futsal o apoio que lle negou ao longo de todo o mandato, diante da intención da directiva de manter equipos nas categorías inferiores”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo