CA urxe á Deputación da Coruña a licitar as obras da Vía Verde entre Santiago e Cerceda

No Día Mundial da Bicicleta, Compostela Aberta pídelle ao Goberno Local un maior compromiso para favorecer a mobilidade ciclista

Este 3 de xuño celébrase o Día Mundial da Bicicleta e, no marco desta efeméride, Compostela Aberta demandoulle ao Goberno local que poña en marcha accións concretas destinadas a impulsar a mobilidade ciclista. O grupo municipal lembra que, tal e como se recolle no Pacto Local pola Mobilidade aprobado no pasado mandato, “a bicicleta debe ser, despois dos desprazamentos a pé, o piar dunha mobilidade urbana sustentable”. Nesa liña, CA urxe tamén á Deputación da Coruña a licitar as obras de acondicionamento da Vía Verde entre Santiago e Cerceda.

Compostela Aberta lembra que ao longo do pasado mandato impulsáronse varias medidas para pacificar o tráfico e, deste xeito, favorecer o uso da bicicleta. Así, acometéronse a peonalización da rúa de San Pedro e a peonalización branda de Xoán XXIII; pintáronse as plataformas avanzadas de espera para ciclistas e sinalizouse a preferencia ciclista no Ensanche; e instaláronse aparcabicicletas en toda a cidade. Ademais, aprobouse o Pacto Local pola Mobilidade, que agora deberá desenvolver o Plan de Mobilidade Urbana Sostible.

Vía Verde e sendas ciclables

Compostela Aberta insta ao Goberno Local a desenvolver outros proxectos que quedaron perfilados no pasado mandato. Entre eles, o grupo municipal lembra a senda peonil e ciclable de Cornes, para o que xa hai un proxecto orzado nalgo menos de 190.000 euros, que o PSOE eliminou dos orzamentos municipais de 2020. Ademais, CA pide que se retomen os proxectos para comunicar Milladoiro con Santiago e a Sionlla coa nova estación intermodal mediante unha senda ciclista para facilitar a combinación de medios de transporte.

Ademais, o grupo municipal de Compostela Aberta urxe á Deputación a licitar as obras da Vía Verde entre Santiago e Cerceda, para a que xa está o proxecto redactado desde o pasado mes de febreiro. CA lembra que, durante o pasado mandato, recuperouse o proxecto, ampliouse ata o concello de Cerceda, logrouse a implicación e o apoio da Fundación dos Ferrocarriles Españoles, e incorporouse á Deputación da Coruña para que asumira a redacción do proxecto e a licitación das obras. O acondicionamento do trazado, de 36,5 quilómetros, suporá un investimento de 2,4 millóns de euros, dos que 1,8 millóns procederán de fondos europeos FEDER, dunha convocatoria para fomentar a mobilidade sostible e a economía baixa en carbono.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta creará unha rede pública de bicicletas eléctricas

Xan Duro e Miguel Penas presentaron as propostas de CA en materia de mobilidade “un dos principais retos de futuro de Santiago xunto coa vivenda”

CA propón un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro “para que os universitarios non sexan expulsados de Santiago”

A candidata de Compostela Aberta compromete a creación dunha rede de alugueiro de bicicletas eléctricas con tarifas especiais para a comunidade universitaria, no debate preelectoral organizado pola Universidade de Santiago

María Rozas: “A día de hoxe, as persoas con discapacidade non ven garantido o seu dereito á mobilidade en Santiago”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía e a concelleira Marta Lois visitaron o centro da Asociación Sarela e recolleron as demandas da entidade para a mellor atención e integración das persoas con dano cerebral adquirido

CA pide explicacións pola falta de mantemento do ascensor de Triacastela

A veciñanza vén denunciando a falta de mantemento e limpeza do ascensor ao longo de todo o mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo