CA urxe ao Goberno a esixirlles ás empresas adxudicatarias do SAF a elaborar un protocolo de seguridade para as traballadoras

Marta Lois tamén preguntará no Pleno polo atraso no pago das axudas de Igualdade, aprobadas en agosto de 2020 e aínda non abonadas

Compostela Aberta levará o Pleno de mañá as demandas das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, que veñen denunciando que carecen das suficientes medidas preventivas fronte á Covid-19, malia a ser un dos colectivos profesionais máis vulnerables nesta pandemia. A portavoz de CA, Marta Lois, insta ao Goberno a que lle esixa ás empresas concesionarias do servizo que elaboren un protocolo que garanta a seguridade das súas empregadas.

Marta Lois explicou que as representantes compostelás da Plataforma SAF-Galicia veñen demandando que “as medidas preventivas nesta pandemia non se limiten á adquisición de material, que ademais segue sendo insuficiente”. Nese sentido, reclaman “que lles sexan facilitadas máis máscaras FFP2 para o seu traballo semanal, pero tamén que se elabore un protocolo no que se recollan as instrucións sanitarias e de seguridade para o desenvolvemento do seu traballo ordinario de coidados nos domicilios”. A día de hoxe, incidiu, “non existe ningunha guía para o día a día, tan só instrucións para as situacións de contacto cunha persoa que fora positivo por Covid ou contacto estreito”. Como exemplos, Marta Lois apuntou que “as traballadoras do SAF non reciben instrucións claras sobre como deben retirar os seus EPIs e o de deben deixalos unha vez usados, non teñen espazos para gardar as súas pertenzas garantindo a seguridade, ou non teñen material para desinfectar os seus obxectos cotiás como os teléfonos”.

Atraso nas axudas de Igualdade

Por outra parte, Marta Lois preguntará no Pleno de mañá polos motivos do atraso no pago das subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBIQ+. A portavoz municipal de Compostela Aberta explicou que a convocatoria de axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno en xuño de 2020, e a resolución quedou aprobada en agosto dese ano. Segundo ese acordo, foron dez as solicitudes aprobadas, para recibir un total de case 25.000 euros. Marta Lois explicou que sete meses despois, en marzo de 2021, “estas axudas aínda non foron abonadas ás diferentes solicitantes, o que supón un importante dano para as entidades que teñen adxudicada unha axuda”. Para a voceira de CA, “o Goberno de Bugallo segue demostrando que non lle importa a área de Igualdade, e tamén que o dos bos xestores era un gran mito”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE ESIXA A ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO DE SEGURIDADE E PREVENCIÓN PARA AS TRABALLADORAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE O PAGO DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES EN PROL DA IGUALDADE

Marta Lois e María Rozas reuníronse coas representantes da Plataforma SAF-Galicia en Santiago
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo