CA urxe ao Goberno a realizar “un maior control da concesionaria do lixo, diante das denuncias de incumprimentos por parte do comité de empresa”

Compostela Aberta, BNG e PP mantiveron un encontro co persoal de Urbaser que leva semanas dneunciando despedimentos e importantes eivas na prestación do servizo tras a entrada en vigor do novo contrato

Compostela Aberta, BNG e PP veñen de manter unha xuntanza co Comité de Empresa de Urbaser, que leva semanas denunciando incumprimentos por parte da concesionaria do servizo de recollida do lixo e que xa celebrou varias concentracións diante do Concello para reclamar a mediación do Goberno. A portavoz de CA, Marta Lois, e o concelleiro Xan Duro participaron nesta reunión, “que nos deixa moitas dúbidas sobre o labor de control que o Goberno de Bugallo está a facer sobre as empresas que xestionan os servizos públicos”.

O comité de empresa de Urbaser vén denunciando o incumprimento dos acordos coa concesionaria do servizo de recollida do lixo para a renovación do persoal eventual e o despedimento de dúas persoas como represalia durante as negociacións do convenio colectivo. O persoal asegura que Urbaser deixou de cubrir as baixas con traballadores que levaban ata catro anos vinculados á empresa, “co único obxectivo de aforrar custos”,  e denuncia que se está a incumprir o prego co que se adxudicou o actual contrato. Segundo sinala, “a oferta coa que Urbaser resultou adxudicataria falaba de 157 traballadores e traballadoras, e a día de hoxe son ao redor de 120”. 

Deficiencias no servizo

O persoal de Urbaser explica que a situación “está repercutindo nunha mala prestación do servizo, porque non se cubren as baixas, non hai brigadas abondo para efectuar a limpeza dos barrios, e nin sequera hai reforzo polo traballo extra que supón a celebración do Ano Santo”.

Ademais, o comité de empresa advirte doutros incumprimentos do prego do actual contrato do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria, no que tén que ver cos recursos materiais. Así, denuncian que o atraso na entrega dos novos camións, recoñecido polo alcalde, tradúcese no deterioro dalgúns dos novos contedores que sí foron instalados na cidade, e que non son compatibles cos vehículos actuais. Tamén aseguran que o plástico da zona histórica non se está a recoller por separado, senón que este tipo de desperdicios acaban no contedor verde. 

O concelleiro Xan Duro incidiu na necesidade de que “o Goberno asuma un maior control sobre as contratas, e máis cando falamos dun servizo cuns custos millonarios como é o da recollida do lixo”. O edil de Compostela Aberta reclamou medidas “para garantir o estrito cumprimento das condicións ofertadas pola empresa, tanto no que ten que ver coa calidade do servizo que se lle presta á cidadanía como no relativo ás condicións do persoal”. Para Duro, “o alcalde non pode seguir argumentando que o Goberno non pode meterse na relación da empresa cos traballadores, porque o certo é que o servizo é municipal e a concesionaria fíxose co contrato en base a unha oferta na que tamén se recollen as condicións do persoal e o número de traballadores e traballadoras que estarán adscritos ao servizo”

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo