CA urxe ao Goberno local a actuar para que Santiago conte con instalacións de atletismo homologadas para acoller competicións oficiais

Xan Duro propón que o Concello procure a cooperación da Xunta e da Deputación para arranxar a pista do estadio Vero Boquete, e que colabore coa USC para acometer as obras necesarias na pista do Campus Sur

Compostela Aberta reclamará no Pleno da próxima semana que o Goberno local poña en marcha as accións necesarias para que Santiago conte cunha pista de atletismo homologada, que permita o desenvolvemento de competicións oficiais na capital galega. En concreto, o grupo municipal de CA pide que o Concello impulse a sinatura de cadanseu convenio coa USC, para o arranxo da pista do Campus Sur; e coa Deputación da Coruña e a Xunta, para a mellora as pistas do estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Nos dous casos, as instalacións deben ser postas a disposición dos clubs de atletismo de Compostela.

O concelleiro Xan Duro defenderá no Pleno unha proposición na que lembra que “máis dunha vintena de clubs reinvidicaron xa a homologación das pistas da capital galega en decembro de 2019, coincidindo coa celebración da última CorreSan dese ano, e o Concello está na actualidade nunha boa posición económica para darlle resposta”. Ademais, o edil salientou que “en Santiago hai case un milleiro de persoas con licenza federativa para a práctica do atletismo, existe unha alta demanda dunhas instalacións acaídas para esa disciplina e, sobre todo, é incomprensible esta carencia na capital do país”.

 Colaboración institucional

Xan Duro instou ao Goberno local a “apostar pola colaboración institucional para poder afrontaros arranxos necesarios na pista do estadio Vero Boquete, que nunca chegou a estar homologada por causa dos erros cometidos no seu deseño; e na pista do estadio universitario do Campus Sur, que perdeu a homologación en 2016 porque non se acometeron as reformas esixidas”. 

No caso da pista do estadio de San Lázaro, o grupo municipal de CA insta ao Goberno local “a impulsar a sinatura dun convenio coa Deputación da Coruña e coa Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte para afrontar as obras precisas para a homologación,posto que o departamento autonómico tamén está acometendo investimentos na actualidade noutras instalacións semellantes de Galicia como no IFEVI de Vigo ou en Ribeira”. Xan Duro explicou que “a propia Federación Galega de Atletismo lle tén solicitado ao Concello que impulse o arranxo das pistas do estadio Vero Boquete, nun escrito remitido en novembro que aínda non tivo resposta”

Por outra parte, e dada a elevada demanda, Compostela Aberta reclámalle ao Goberno que colabore no arranxo das pistas de atletismo do Campus Sur, a través dun convenio coa Universidade que permita que as instalacións sexan utilizadas polos clubs da cidade. O concelleiro Xan Duro puxo como exemplo o modelo seguido no pasado mandato para o arranxo do campo de rugbi da USC, e lembrou que “o anterior Goberno preveu nos orzamentos municipais unha partida de 150.000 euros como achega para o arranxo da psita de atletismo da Universidade, unha partida que estaba financiada con préstamo e que, polo tanto, segue dispoñible a día de hoxe”. 

Para o edil de Compostela Aberta, o Concello debe aproveitar “o panorama inédito no que nos atopamos, no que os Concellos poden utilizar os remanentes sen limitación por por da suspensión da Lei de Estabilidade Orzamentariam que tamén permite ampliar a capacidade de endebedamento das administracións locais e, polo tanto, dá maior liberdade para acometer os investimentos precisos na cidade”.

PODES CONSULTAR AQUÍ  A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA DOTAR A SANTIAGO DE INSTALACIÓNS DE ATLETISMO HOMOLOGADAS PARA A REALIZACIÓN DE COMPETICIÓNS OFICIAIS.

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo