Modelo de cidade

Compostela Aberta vota a favor da regulación das vivendas turísticas

CA apoia a modificación do título III do PXOM “porque aínda que é mellorable, escollemos defender unha cidade para os residentes e non para o turismo”
Web de AirBnB

CA apoiou, hoxe, unha modificación do PXOM relativa á regulación dos usos urbanísticos, que é moi mellorable no fondo -e sobre todo nas formas do goberno do PSOE- mais que permitirá dar pasos para avanzar no modelo de turismo sostible, e regular as vivendas turísticas, que levamos defendendo oito anos e na protección do uso residencial que, entendemos, debe ser unha prioridade para o Concello. 

A posición de CA foi defendida no Pleno polo concelleiro Jorge Duarte, que insistiu en que “hoxe debatemos sobre da cidade que queremos, e Compostela Aberta xa o tivo claro no pasado mandato, porque levamos oito anos traballando pola regulación das vivendas de uso turístico, oito anos nos que fomos acusados permanentemente de turismofóbicos por defender un Santiago para os residentes, queremos garantir tamén a vivenda para a poboación universitaria”. Duarte reiterou tamén que “levamos meses dicindo que o Goberno errou na tramitación da modificación do PXOM, porque coma sempre faltoulle diálogo”.

O PP votou en contra da regulación das vivendas turísticas e o BNG abstívose, no Pleno de hoxe

Ademais, lamentou que o PSOE “non incorporara as melloras que lle propuxemos desde CA, para atender tamén a regulación dos usos comerciais, para establecer diferenzas no tratamento das vivendas  de uso turístico segundo as zonas da cidade, ou para atender a situación das vivendas xa existentes”. Duarte tamén incidiu en que “sabemos que esta modificación puntual do PXOM non é a única medida necesaria para apostar pola gobernanza do turismo, polo uso residencial, e pola vitalidade da zona histórica”. Nese sentido, recordou que “durante o pasado mandato puxemos en marcha medidas como o programa Aviva Compostela, e tamén impulsamos a modificación do Plan Especial, que o PSOE non permitiu aprobar por intereses electoralistas”.

Para CA, “esta non é a mellor regulación posible, pero se temos que escoller, temos claro que queremos unha Compostela para os composteláns e non só para o turismo”. Nesa liña, Jorge Duarte insistiu en que “no Pleno de hoxe votamos o modelo de cidade que queremos, e cada grupo municipal quedou retratado”. “En Compostela Aberta”, concluiu o concelleiro, “temos claro cal é o noso modelo e por iso actuamos en consecuencia e sendo coherentes co que defendimos e impulsamos desde o Goberno”. A modificación puntual do PXOM quedou aprobada cos votos a favor do grupo socialista e de Compostela Aberta, mentre que o PP votou en contra e BNG e o concelleiro non adscrito optaron pola abstención.

Intervención de Jorge Duarte no Pleno Municipal durante o debate sobre as VUTs
Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo