Compostela Aberta volve esixir na Deputación o cese do apoio das administracións ao maltrato animal

O grupo provincial de Compostela Aberta apoia a esixencia de explicacións realizada pola Marea Atlántica sobre o incumprimento do compromiso plenario de non financiar actividades que fomenten o maltrato animal. No vindeiro Pleno do venres 14 de setembro, realizarase unha pregunta oral para esixir explicacións polo apoio ao Campionato de España de Caza San Huberto, previsto para o 15 e 16 de setembro no concello das Pontes. A asociación animalista Libera ten denunciado as prácticas brutais deste evento, como a de soltar perdices de granxa para servir de branco ás escopetas.

O 26 de decembro de 2016, o Pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha proposta da Marea Atlántica apoiada por Compostela aberta que se converteu en declaración institucional, para non participar de xeito activo nin con recursos nin con presenza institucional en concursos de tiro ao pombiño. Porén, agora apoiase este campionato de caza, completamente análogo nas súas prácticas, e mesmo o presidente provincial e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, figura no Comité de Honra. Por iso, esiximos explicacións dos motivos polos que o goberno provincial rompeu os compromisos de participar en eventos que supoñen sufrimento animal.

Apoio da Xunta
Paradoxalmente, o Campionato de Caza conta tamén co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que en lugar de preocuparse pola protección ambiental, fomenta a violencia contra os animais e o uso de munición contaminante de chumbo. A xefa territorial na Coruña, Cristina Carrión, sinala nunha publicación promocional do evento que “Galicia acolle cos brazos abertos” este tipo de eventos, dando mostras do seu nulo compromiso co benestar animal.

A Asociación Animalista Libera reuniu máis de 30.000 sinaturas en apoio a esta solicitude que insta á Xunta de Galicia á retirada do apoio aos campionatos de tiro ao pombiño.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo