CA volve preguntar no Pleno polo proxecto alternativo ao Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar, anunciado hai xa un ano

O grupo municipal de CA presentou unha pregunta escrita ao respecto o pasado 15 de decembro, que non foi respondida
  • A concelleira de Políticas Sociais anunciou en febreiro de 2020 a creación dun Centro Integral para a Inclusión Social do que non se tiveron máis noticias

Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana unha pregunta sobre o proxecto alternativo ao Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar, anunciado polo Goberno hai case un ano e do que non se tiveron máis noticias. Trátase dunha pregunta que xa foi presentada por escrito o pasado 15 de decembro, e que a concelleira Mila Castro non respondeu. CA quere coñecer en que fase está a redacción do anunciado Centro Integral para a Inclusión Social, e en que fase está a tramitación co Goberno do Estado para a inclusión do proxecto no programa EDUSI para o seu financiamento con fondos europeos.

Foi en febreiro de 2020, hai case un ano, cando a concelleira de Políticas Sociais anunciaba nos medios de comunicación que o proxecto do Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar ía ser substituído por un Centro Integral para a Inclusión Social, que funcionaría únicamente como centro de día e non tería aloxamento. Naquel momento, Mila Castro sinalou que o Goberno central aceptaba o reenfoque do proxecto, e que sería preciso tramitar o cambio para que o Centro fora financiado cos 800.000 euros dos fondos europeos da EDUSI que estaban reservados para o centro de senfogarismo. Tal e como explica a portavoz de Compostela Aberta, “a día de hoxe seguimos sen saber nada sobre ese anunciado Centro para a Inclusión Social, descoñecemos se a tramitación co Goberno do Estado está  completada e cales son os prazos que se manexan para a súa posta en marcha, e tampouco nos consta que a proposta de Mila Castro fora traballada con ningunha entidade, como sí o fora o Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar”.

Alternativa para as persoas sen fogar

Marta Lois incidiu ademais en que “a responsable de Políticas Sociais desbotou o Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar desde a súa chegada ao Goberno, simplemente por ser un proxecto de Compostela Aberta”. Nese sentido, lembrou que no primeiro estado de alarma pola crise da Covid en marzo, o Goberno aloxou ás persoas sen fogar no Seminario de Belvís “e a concelleira acabou recoñecendo e presumindo na prensa dos beneficios que se obtiveran de cara á integración destas persoas seguindo o modelo housing first, que é no que se basea o Centro de Atención Integral”.

Para a portavoz de CA, “é preocupante que o Goberno do PSOE siga sen ter ningunha alternativa para darlle resposta á situación das persoas sen fogar, cando no pasado mes de decembro as entidades sociais falaban de que nas rúas de Santiago estaban a durmir entre 15 e 20 persoas cada día e o albergue de Xoán XXIII recoñecía non poder atender a demanda por mor das restricións da Covid”. Para Marta Lois é grave que a concelleira de Políticas Sociais se limite a incidir nos medios en que “o departamento de Servizos Sociais, en colaboración con Cruz Vermella, fai visitas diarias ás persoas sen fogar e lle facilita roupa de abrigo e comidas, pero que moitas destas persoas non queren ir a albergues nin a pisos tutelados porque non queren cumprir as normas”. A concelleira de Compostela Aberta tamén lamenta que Mila Castro insista en que a aposta do Goberno Bugallo para as persoas sen fogar “son vivendas normalizadas en entornos comunitarios, cando o modelo do Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar foi consensuado con entidades e expertas na atención ao senfogarismo, e cando tampouco temos noticias de que se teña avanzado nada nesa suposta aposta da concelleira”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE CA SOBRE O PROXECTO ALTERNATIVO AO CENTRO MUNICIPAL DE ATENCIÓN INTEGRAL ÁS PERSOAS SEN FOGAR

Arquivado en:EDUSIMarta Lois
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo