SENDA CICLISTA DO MILLADOIRO

A Xunta responde ás alegacións de CA ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro e asume o cambio de trazado no ámbito da Colexiata de Sar

María Rozas lamenta que o Goberno galego non asuma outras das demandas formuladas por Compostela Aberta “para que unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros non acabe sendo un proxecto decepcionante”

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de responder ás alegacións que o grupo municipal de Compostela Aberta presentou ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro, asumindo a necesidade de anular o tramo que discorría pola contorna da Colexiata de Sar. Esta era unha das demandas de CA, que rexeitaba que o itinerario afectara a espazos de gran valor natural, paisaxístico e cultural. Diante, disto, o Goberno Galego sinala que no trazado se aproveitará “o viario existente que discorre paralelo á vía do ferrocarril entre a rúa de Clara Campoamor e a rúa de Sar, tal e como se solicita na alegación”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta, María Rozas, mostrou a súa satisfacción “porque a Xunta recúe e asuma a petición de CA, que tamén era a demanda doutros colectivos e entidades como Espazo Veciñal de Sar”. Ao tempo, a concelleira lamentou que o Goberno galego rexeitara a solicitude de Compostela Aberta para ampliar a senda ata a estación da Sionlla, para conectala coa futura Vía Verde. Rozas tamén reclamou receptividade da Xunta diante doutras alegacións de CA, referidas ao contorno do Banquete de Conxo ou ás afeccións da senda en zonas de risco de inundación sinaladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica.

Proxecto moi mellorable

Para María Rozas, “semella claro que a Xunta de Galicia non foi previsor na elaboración deste proxecto, porque resulta sorprendente que teñan que ser entidades veciñais ou grupos políticos como Compostela Aberta os que alerten das afeccións que terían nun ben catalogado como é a Colexiata de Sar e  en toda a súa contorna”. A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle ao Goberno “que estude aínda novas melloras na senda ciclista do Milladoiro, porque unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros e que responde a unha longa demanda non pode acabar sendo decepcionante e converterse nunha oportunidade perdida que ademais teña graves consecuencias para o patrimonio natural”. Neste sentido, Rozas reiterou que “para Compostela Aberta, esta non é a senda que se precisa para conectar O Milladoiro con Santiago, porque non está concibida como vía de comunicación para o fomento da mobilidade sostible, un dos obxectivos do Pacto Local pola Mobilidade e do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo