OBRAS DE CASTRÓN DOURO

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza
  • O concelleiro de CA pídelle ao alcalde “que non invente escusas, porque quedou demostrado que a diferenza entre facer o proxecto ben e facelo mal é de só 150.000 euros”

“Bugallo mentiu sobre os seus motivos para non executar o proxecto orixinal da segunda fase da reurbanización de Castrón Douro, e así quedou en evidencia na comisión asesora de hoxe”. Así o asegurou o concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte, que urxiu ao alcalde a aclararlle á veciñanza “por que non quere acometer as obras tal e como quedaron acordadas no pasado mandato, e por que pón como escusa o retranqueo da rede de telefonía, que está orzado en 150.000 euros”. CA levará ao próximo Pleno unha proposición na que demanda que se manteña o proxecto para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro tal e como foi acordado coa veciñanza no pasado mandato.

Jorge Duarte participou esta mañá na Comisión Asesora que deixou sobre a mesa o proxecto para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro, “tras comprobar o Goberno que non contaba co apoio necesario para que a actuación saíra adiante”. De feito, explicou, “Compostela Aberta xa transparentara que votaría en contra do proxecto, porque non hai motivos de peso que xustifiquen que se faga unha actuación peor da que estaba previsto, e que se intente licitar ás presas a só dous meses dunhas eleccións”. Nesa liña, o concelleiro de CA acusou a Bugallo de “non ser claro cando onte puxo a escusa do retranqueo das redes de Telefónica para non acometer o proxecto orixinal, que eliminaba os desniveis existentes fronte ás casas, porque os informes técnicos non din que non se poida acometer a obra, e orzan en só 150.000 euros o sobrecusto por esta actuación”. De feito, incidiu, os informes sinalan que “o recuado da instalación telefónica supón unicamente un 11% do orzamento total estimado para a intervención, sendo moito maior o incremento que supón a actualización de prezos do proxecto orixinal (cuantificado en 320.000€, o que supón un 24% do orzamento total estimado). Enténdese por tanto que, dende o punto de vista da protección do patrimonio da cidade histórica, estaría xustificado que este incremento do 11% (150.000 €) fose asumido polo concello tendo en conta a mellora que supón a solución prevista no proxecto orixinal fronte á do proxecto modificado”

Proposición a Pleno

Jorge Duarte lembrou que a semana pasada visitou, xunto con María Rozas, a zona de Castrón Douro, “e alí comprobamos que a veciñanza non fora informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto da segunda fase da reurbanización da rúa, proxecto que fora consensuado coa veciñanza durante o anterior mandato”. Para o concelleiro, “Bugallo non se pode deixar polas presas electoralistas, despois de catro anos sen facer nada cun proxecto que recibiu feito e acordado, e permitindo que a rúa incrementara o seu deterioro”.

Compostela Aberta levará ao Pleno unha proposición para que a Corporación se posicione, reclamando que se manteña o proxecto orixinal para a segunda fase das obras de Castrón Douro “que continuaba a liña das obras executadas no primeiro tramo da rúa ata Patio de Madres, e que permitirá melloras na accesibilidade nas vivendas da rúa”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo