Chamamento de Compostela Aberta a apoiar a #FolgaFeminista8M

Este 8 de marzo é un día histórico non só para o movemento feminista e a loita pola igualdade, tamén para toda a cidadanía. Dende Compostela Aberta reiteramos o chamamento a apoiar a Folga Xeral das Mulleres así como as mobilizacións e accións convocadas en todas as súas vertentes: folga de traballo, estudantil, de coidados e de consumo.

Sobran e sobran os motivos para esta folga. Ás inaceptábeis violencias machistas que só no Estado supuxeron o asasinato de máis de 1.000 mulleres en pouco máis de 14 anos, súmanse as consecuencias infames que en pleno século XXI teñen as desigualdades entre mulleres e homes en todo o mundo. Estas desigualdades maniféstanse a diario en múltiples eidos, sendo seguramente o ámbito do traballo o máis evidente.

A fenda salarial entre xéneros sitúase por riba do 23% mentres as mulleres seguen sufrindo unha desproporcionada carga de traballo non remunerado e ingresos ao marxe de disposicións legais formais ou control tributario.

As mulleres supoñen o 65% da poboación mundial que tendo alcanzado a idade legal prevista para recibir unha pensión de xubilación non a reciben.

As mulleres representan un 63% da actividade laboral mundial pero seguen percibindo ingresos ao marxe de disposicións legais formais, incluídas as de control tributario estatal.

As mulleres migrantes afrontan condicións laborais máis precarias que os homes migrantes, expostas a xornadas de traballo máis longas e un acceso á protección social inexistente ou moi limitado.

Só na Unión Europea unha de cada tres mulleres asegura ter experimentado acoso sexual e delas, máis da metade sufríuno no seu lugar de traballo.

E si, son as mulleres as que seguen asumindo de forma maioritaria os coidados das crianzas, das persoas maiores e as tarefas domésticas mentres seguimos vendo a ausencia case total de permisos que posibiliten un reparto equilibrado de responsabilidades.

Sobran e sobran os motivos, e ante eles, acabar coa discriminación entre mulleres e homes resulta, non só un deber ético, senón un compromiso histórico inaprazable no que todas as institucións do Estado teñen que participar non só activamente, senón asumindo un rol claro de liderado e co máximo compromiso.

Por iso este 8 de marzo sumarémonos a esta folga histórica, para demostrar dunha vez por todas que se as mulleres paran, o mundo para.

Novas
relacionadas

“Non hai nada que aguantar”: CA súmase ao 25N cunha campaña que reivindica ás mulleres do rural “empoderadas fronte ás violencias machistas”

O lema é unha mensaxe que xurdiu nos obradoiros de empoderamento das mulleres do rural impulsados no pasado mandato

Marta Lois: “O Goberno leva todo o mandato incumprindo os seus compromisos en materia de Igualdade”

Compostela Aberta pide a colocación dunha placa de homenaxe ás vítimas da violencia machista na Praza 8 de marzo

Marta Lois lamenta que o Concello teña sen actualizar os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, e que siga sen desenvolver o novo Plan de Igualdade

Marta Lois: “O alarmante incremento dos delitos sexuais obriga a impulsar, tamén desde o local, accións concretas e estendidas ao longo do ano”

A portavoz de CA pedirá no Pleno a posta en marcha de campañas de sensibilización e prevención, a activación da APP Alerta Lila, e melloras de sinalización e iluminación do espazo público, como vén demandando o colectivo Campus do Medo

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo