Chave 5. Alcanzar a soberanía cultural para activar a sociedade

A cultura, ben común.

Temos unha visión da cultura plural e aberta. Cultura é cultura cidadá, servizo público, ben común; aqueloÁo que non pertece en propiedade a ninguén é dereito e responsabilidade de todos e todas (Culturas de lo común, Antonio Lafuente). Cultura é polo tanto a capacidade que, como comunidade, temos de crear, xestionar, compartir e cuestionar a representación e a experimentación da nosa realidade colectiva. Dita capacidade é de todos e todas, atravesa calquera faceta das nosas vidas, dende a historia e lingua ata a ciencia e a arte, pasando polas cousas cotiás como o comer e o vestir.
A cultura está presente en todos os lugares e en todas as iniciativas como eixo transversal da vida en común, xunto co noso patrimonio histórico material e inmaterial, constitúe a fonte fundamental de desenvolvemento social e económico da cidade de Compostela. Co obxectivo de defender e fortalecer esta visión da cultura como ferramenta de desenvolvemento social, cohesión comunitaria e diálogo colectivo, no exercicio da política como responsabilidade e dereito común, consideramos imprescindible que o eixo fundamental de calquera política cultural desenvolvida polo Concello consista en dotar á cidadanía de estruturas, recursos e medios de participación para xestionar a cultura. É dicir, na creación e desenvolvemento de mecanismos de toma de decisións na política cultural que empoderen á cidadanía e transformen ao concello nun axente mediador, encargado de dar soporte ás iniciativas culturais do concello e actuar en sitios onde non chegue a sociedade en lugar de actuar como un axente cultural que compite deslealmente e censura, baixo criterios personalistas, as iniciativas de persoas, colectivos, cooperativas e empresas.
As políticas culturais como instrumentos e estruturas de participación non deben cumprir únicamente funcións de fornecedoras de cultura, senón de redistribuidoras dos recursos e da riqueza cultural que xeramos.

VALORES OU PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS NOS QUE SE BASEA ESTA PROPOSTA.

  • Transparencia: A xestión da cultura debe ser transparente en todas as súas fases, tanto os procesos de toma de decisión, como os modos de produción ou os investimentos adicados á cultura deben ser accesibles á cidadanía de xeito pormenorizado, didáctico, claro e aberto.
  • Participación: A xestión da cultura debe ser participativa e dotarse de estruturas de toma de decisión que teñan en conta tanto aos veciños e veciñas da cidade, como os e as axentes culturais e profesionais que traballan nese ámbito e contan cunha formación específica.
  • Accesibilidade: A cultura é un dereito universal, un ben común do que todos e todas participamos, a cidadanía non debe ter acceso á cultura unicamente como se fose un ben de consumo, senón que debe participar activamente dela en todas as fases do seu desenvolvemento.
  • Transversalidade: A cultura non debe entenderse como un obxectivo en si mesmo, senón como unha correa de transmisión de valores, ideas e creatividade asociada a calquera área de actividade e da vida e non restrinxila ao ámbito especializado dos artistas e das artistas nin aos obxectivos específicos da programacion cultural.
  • Descentralización: A cultura debe fomentarse en todas partes, nos barrios, nas rúas, nos centros sociais, non atesourarse en centros pechados á cidadanía. A cultura debe xurdir, producirse e compartirse en rede, de xeito aberto e distribuído.
  • Diversidade: A cultura é diversa, a xestión cultural debe atender a dita diversidade, fomentar e apoiar a investigación, a innovación e a creatividade, a mestura de estilos formatos e xeitos de facer.

OBRIGAS QUE DEBE ASUMIR COMPOSTELA ABERTA NA SÚA CANDIDATURA RESPECTO CULTURA.

  • Exercer a responsabilidade compartida coa cidadanía e os diferentes colectivos sociais na defensa, recuperación, conservación e posta e valor e difusión dos patrimonios materiais e inmateriais propios: etnográficos, lingü.sticos, artísticos, históricos, arquitectonicos, científico­tecnolóxicos, naturais, etc. Prestando especial atención a aqueles que se atopen nunha clara situación de ameaza como a lingua galega ou o medio ambiente.
  • Recoñecer, facilitar, acompañar e promover os proxectos culturais de Compostela, fomentando o diálogo creativo entre tradición e vangarda, apoiando as iniciativas culturais e axudando ao seu desenvolvemento autónomo e consolidación.
  • Garantir a igualdade, a atención a diversidade, a redistribución e o traballo en rede a través de sistemas de democracia participativa que inclúan nos procesos de toma de decisión á cidadanía e os e as axentes culturais.

RETOS CULTURAIS DA CANDIDATURA PARA A LEXISLATURA

1. Reto 1: Recuperar a vitalidade cultural da cidade

Queremos desenvolver a idea de cultura na cidade como alternativa ao concepto de Cidade da Cultura, devolver a cultura á cidadanía como algo propio, non como un ben de consumo. Dada a grave situación de precariedade material e inmaterial, non exclusivamente económica senón afectiva, discursiva, formativa, tecnolóxica, infraestrutural na que se atopan hoxe a maior parte dos e das axentes culturais, asociacións, colectivos, cooperativas e empresas adicadas á cultura en Compostela, que foi provocada pola ausencia histórica dunha política cultural actualizada, eficiente, aberta e plural sostida a longo prazo, consideramos o reto prioritario deste programa recuperar a vitalidade cultural da cidade perdida ao longo dos últimos anos, reestablecer o diálogo cos e coas axentes culturais do concello e enmendar a fenda aberta entre a cidadanía como comunidade cultural e a cultura institucional.

1.1 Liña estratéxica 1: Ordenación do sector.

1.1.1. Liña de acción 1: Diagnose e inventario de recursos culturais.

1.1.1.1.1 Acción 1: Recollida e catalogación de recursos.

1.1.1.1.2. Acción 2: Recuperar a memoria histórica de iniciativas culturais da cidade que desapareceron.

1.1.2. Liña de acción 2: Plan de accesibilidade e comunicación dos recursos.

1.1.2.1. Acción 3: Adecuación e adaptación dos recursos culturais para que sexan accesibles.

1.1.2.2. Acción 4: Elaboración e difusión do catálogo de recursos.

1.1.2.3. Acción 5: Creación dunha ferramenta dixital colaborativa para a comunicación e a difusión dos recursos culturais na cidade.

1.2. Liña estratéxica 2: Protección e fomento das artes ao vivo.

1.2.1. Liña de acción 3: Procura de solucións á programación de música e artes vivas en locais.

1.2.1.1. Acción 6: Creación dunha mesa de diálogo con hosteleiros e hostaleiras, veciños e veciñas, artistas e Concello para elaborar un regulamento que garanta as actuacións nos locais.

1.2.1.2. Acción 7: Creación dunha rede local de artes ao vivo.

1.2.2. Liña de acción 4: Recoñecemento das artes na rúa coma un dos valores culturais da cidade.

1.2.2.1. Acción 8: Elaboración dun directorio de puntos activos de arte na rúa recollidos en planos e guías turísticas.

1.2.2.2. Acción 9: Plan de activación das artes nos parques e zonas verdes da cidade.

1.3. Liña estratéxica 3: Fortalecemento da cooperación.

1.3.1. Liña de acción 5: Creación de sinerxias co tecido institucional, social, cultural, educativo, turístico, comercial, hosteleiro.

1.3.1.1. Acción 10: Desenvolvemento dun programa específico para potenciar a colaboración coa Universidade de Santiago.

1.3.1.2. Acción 11: Desenvolvemento dun programa específico para potenciar a colaboración coa Igrexa.

1.3.1.3. Acción 12: Deseñar unha estratexia de coordinación cultural coa Xunta de Galicia.

1.3.1.4. Acción 13: Creación dun cheque cultural que permita desgravar nos tributos locais xustificando o consumo de cultura na cidade.

1.3.1.5. Acción 14: Creación dunha etiqueta de responsabilidade cultural para o comercio.

1.3.1.6. Acción 15: Recoñecemento doutras manifestacións culturais como os centros sociais ocupados da Algalia, do Sar e de Filgueiriñas.

1.3.1.7. Acción 16: Promover a cesión de espazos e medios municipais para a súa utilización por parte de artistas e veciñanza.

1.3.1.8. Acción 17: Reactivación dende a xestión pública da rede de locais de ensaio.

1.4. Liña estratéxica 4: Identidade e posicionamento cultural

1.4.1. Liña de acción 6: Defensa e promoción da lingua galega para incrementar o numero de falantes e a súa presenza na vida cultural da cidade.

1.4.1.1. Acción 18: Priorizar o uso do galego a nivel municipal como obriga institucional e en todas as actividades realizadas no concello.

1.4.1.2. Acción 19: Fomentar o cumprimento e desenvolver a Lei Valentín Paz Andrade.

1.4.2. Liña de acción 7: Favorecer as conexións culturais internacionais

1.4.2.1. Acción 20: Incorporar as producións culturais da comunidade lusófona ás programacións da cidade.

1.4.2.2. Acción 21: Establecemento de vínculos culturais con cidades europeas a partir de elementos comúns de afinidade (Camiño de Santiago, Cidades Patrimonio, etc.)

2. Reto 2: Empoderar culturalmente a sociedade.

Queremos promover unha visión transversal da cultura, presente en todas as áreas do Concello, e consideramos que o eixo fundamental da política cultural de Compostela debe dirixirse a empoderar culturalmente a sociedade, devolvendo a soberanía cultural as veciñas e os veciños, poñendo a disposición da cidadanía todos os recursos culturais de Compostela e concibindo o público non por oposición ao privado senón como o espazo do común.

2.1. Liña estratéxica 5: Xestión comunitaria.

2.1.1. Liña de acción 8: Plan de formación continua.

2.1.1.1. Acción 22: Realización de obradoiros para a formación en procesos participativos e coñecemento directo de experiencias levados a cabo noutros contextos

2.1.1.1. Acción 23: Titorización de procesos participativos.

2.1.2. Liña de acción 9: Articulación de procedementos de participación cidadá

2.1.2.1. Acción 24: Posta en marcha dunha experiencia piloto de xestión de equipamentos de proximidade.

2.2. Liña estratéxica 6: Participación veciñal.

2.2.1. Liña de acción 10: Fomentar as ferramentas de participación.

2.2.1.1. Acción 25: Activación de comunidades culturais.

2.2.1.2. Acción 26: Creación de grupos de acción cultural nos barrios.

3. Reto 3: Transformar as políticas culturais municipais.

Consideramos que o concello debe transformarse nun axente mediador en lugar dun axente programador, que a produción cultural debe descentralizarse e desestacionalizarse. Propoñemos promover unha xestión comunitaria dos equipamentos de proximidade, articulando procedementos de participación cidadá, activando comunidades culturais e facilitando a formación para a xestión comunitaria dos recursos públicos. Simultaneamente propoñemos profesionalizar, dotar de transparencia e dar autonomía xurídica e financeira aos equipamentos culturais de referencia, dotándoos dun proxecto coordinado e duns obxectivos avaliables e públicos, ademais de órganos colexiados de participación e control cidadán.

3.1. Liña estratéxica 7: Transformación das estruturas de goberno

3.1.1. Liña de acción 11: Competencias culturais.

3.1.1.1. Acción 27: Elaboración dun plan para trasladar fóra da concellaría de cultura as competencias en política cultural.

3.1.1.2. Acción 28: Creación dunha segunda tenencia de alcaldía como novo órgano de goberno transversal para coordinar as políticas culturais.

3.1.1.3. Acción 29: Creación dun equipo técnico que garanta a aplicación transversal da acción cultural a todos os demais departamentos

3.1.2. Liña de acción 12: Xestión dos recursos públicos.

3.1.2.1. Acción 30: Elaboración dun novo modelo de convocatorias abertas para proxectos culturais.

3.2.1.2. Acción 31: Elaboración de indicadores para medir o retorno á comunidade

3.1.3. Liña de acción 13: Democracia participativa

3.1.3.1. Acción 32: Posta en marcha da asamblea cidadá da cultura, encargada de orientar as estratexias culturais e confeccionar os orzamento

3.1.3.2. Acción 33: Creación e posta en funcionamento do observatorio cidadá da cultura, co fin de vixilar e controlar as políticas culturais

3.2. Liña estratéxica 8: Descentralización

3.2.1. Liña de acción 14: Visibilización da cultura nos barrios.

3.2.1.1. Acción 34: Realización de roteiros culturais.

3.2.1.2. Acción 35: Ampliación aos barrios dos festivais e programacións con participación municipal.

3.2.1.3. Acción 36: Realización de programas específicos das unidades de produción municipais nos barrios

3.2.2. Liña de acción 15: Desestacionalización da actividade cultural.

3.2.2.1. Acción 37: Establecemento dun límite máximo e mínimo de gasto en cultura por cuadrimestre.

3.2.2.2. Acción 38: Resituar no calendario algunhas actividades culturais

3.3. Liña estratéxica 9: Profesionalización

3.3.1. Liña de acción 16: Fomento da independencia e autonomía dos equipamentos culturais de referencia.

3.3.1.1 Acción 39: Elaboración dun estudo para a creación dunha fundación/axencia que permita unha xestión autónoma dos equipamentos culturais de referencia, nomeadamente o eixo Auditorio de Galicia­ Teatro Principal.

3.3.1.2. Acción 40: Convocatoria dun concurso público non só de méritos senón de proxecto a través dun contrato­programa para a dirección dos equipamentos de referencia.

3.4. Liña estratéxica 10: Transversalidade.

3.4.1. Liña de acción 17: Fomento das accións culturais nas distintas áreas do goberno municipal.

3.4.1.1. Acción 41: Creación dun programa de residencias de creación, investigación e innovación cultural nas escolas públicas da cidade.

3.4.1.2. Acción 42: Implantar un programa de intervencións artísticas en lugares, zonas e elementos urbanos para levar as manifestacións contemporaneas da arte ás ruas e os barrios.

3.4.1.3. Acción 43: Elaboración de guías, e percorridos pola cidade ou proxectos de intervención cultural que diversifiquen a oferta da cidade promovendo aspectos xeralmente descoñecidos ou desatendidos de Compostela como o seu patrimonio contemporáneo, natural, científico, sonoro, etc.

 

Novas
relacionadas

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

A Xunta responde ás alegacións de CA ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro e asume o cambio de trazado no ámbito da Colexiata de Sar

María Rozas lamenta que o Goberno galego non asuma outras das demandas formuladas por Compostela Aberta “para que unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros non acabe sendo un proxecto decepcionante”

CA reclama unha actuación de mellora integral nos Pexigos

María Rozas solicita a redacción dun proxecto de reurbanización e, a curto prazo, que o tráfico por estas rúas quede limitado a residentes

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo