Colaboración, lealdade institucional e transparencia de CA para o traspaso de poderes municipal

Ademais, tal e como apuntou Martiño Noriega, "todos os concelleiros e concelleiras en funcións puxéronse a disposición dos novos edís, para dar conta da situación de cada área concreta e dos expedientes que queiran coñecer máis en detalle".

A colaboración, a transparencia e a lealdade institucional foron sinais de identidade de Compostela Aberta dende o primeiro día de goberno e así o seguirá sendo. Este xoves o alcalde en funcións, Martiño Noriega, e o candidato do PSOE, Xosé Sánchez Bugallo mantiveron a xuntanza para iniciar o transición despois dos resultados electorais do pasado 26 de maio.

A continuación podedes ver a nota de prensa publicada polo Concello que tamén podedes ver publicada na web do Concello:

O Goberno local en funcións e os/as concelleiros/as electos/as do futuro Executivo inician o traspaso de poderes

O alcalde en funcións, Martiño Noriega, e o candidato da lista máis votada nas pasadas eleccións e futuro alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron hoxe unha xuntanza para iniciar o traspaso de poderes entre os dous grupos de Goberno. Na reunión participaron os concelleiros e concelleiras do actual Goberno en funcións, así como os/as edís electos/as do PSOE nos comicios locais do pasado 26 de maio.

O alcalde en funcións explicou que a xuntanza “segue a unha serie de contactos informais que se veñen mantendo nos últimos días, e ten como obxectivo realizar un traspaso de responsabilidades que pretende ser exemplar, tal e como merece a institución da capital de Galicia”. Para iso, o Goberno en funcións fixo entrega de ata 25 informes técnicos de distintas áreas municipais, realizados por persoal responsable das xefaturas de servizo e de sección, das direccións de área e das xerencias dos organismos e empresas participadas polo Concello de Santiago.

Ademais, tal e como apuntou Martiño Noriega, “todos os concelleiros e concelleiras en funcións puxéronse a disposición dos novos edís, para dar conta da situación de cada área concreta e dos expedientes que queiran coñecer máis en detalle”. O rexedor en funcións asegurou que a xuntanza discorreu “nun ambiente de total cordialidade, tal e como debera ser a norma en todas as institucións e en todos os traspasos de responsabilidades”.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo