Comezan as Conversas no Local

Despois da inauguración da nova sede de Compostela Aberta na rúa Alfredo Brañas, comezamos esta semana co ciclo 'Conversas no Local' co que abordaremos unha intensa actividade de charlas e debates nos próximos meses

Despois da inauguración da nova sede de Compostela Aberta na rúa Alfredo Brañas, comezamos esta semana co ciclo ‘Conversas no Local’ co que abordaremos unha intensa actividade de charlas e debates nos próximos meses. E comezamos este próximo martes ás 20h30 coa conversa sobre Renda Básica Universal coa participación de Eva López Soto e Manuel López ‘Akin’ do Colectivo pola Renda Básica Universal e a presentación da concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández.

E isto é só o comezo. Durante o mes de xaneiro teremos máis conversas sobre municipalismo, feminismo e medio ambiente. Ven, fala, participa!

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo