Compostela Aberta abstense na votación da proposta para Peleteiro “que non tiña o apoio da veciñanza e creaba inseguridade xurídica”

Jorge Duarte lamenta “os catro anos perdidos por Bugallo, que en 2019 obrigou a tumbar a única alternativa que logrou o consenso de veciñanza, comerciantes e propiedade en máis de 18 anos”

Compostela Aberta abstívose hoxe no Pleno na votación da modificación puntual do PXOM no ámbito do antigo colexio Peleteiro. A proposta do Goberno só logrou o apoio do propio PSOE, mentres que o PP votou en contra e o BNG abstívose. Na súa intervención, o concelleiro de CA Jorge Duarte insistiu en que “a modificación que propón Bugallo, ao contrario da que foi a Pleno en 2019, non tén o apoio da veciñanza, non está avalada por un acordo coa propiedade, e xera unha preocupante inseguridade xurídica”. O edil pediulle ao alcalde que aclare “que melloras conseguiu nestes catro anos, desde que decidiu bloquear a Operación Peleteiro por intereses electoralistas, porque só creou problemas onde non os había”.

Jorge Duarte lembrou que “o PERI-12 de Peleteiro foi aprobado en Pleno por primeira vez en abril de 2005, sendo Bugallo alcalde, e non se conseguiu unha proposta de consenso para a parcela precisamente ata 2019, co Goberno de Compostela Aberta”. O edil insistiu en que “no pasado mandato logramos o apoio da veciñanza, dos comerciantes e da propiedade, e foi Bugallo quen decidiu que a modificación non saíra adiante”. Trascorridos case catro anos, sinalou, “hoxe o PSOE trae a Pleno unha proposta que non contenta á veciñanza e que non está avalada pola propiedade, importante para garantir unha maior seguridade xurídica”. Para Duarte, “é sorprendente que o Goberno diga que non chegou a un acordo coa propiedade porque sería máis prexudicial para a veciñanza, porque de ser así atendería as demandas dos veciños e veciñas que seguen dicindo que non lles vale a proposta de Bugallo”. A esta falta de acordo coa veciñanza responde a postura de CA “que en maio confiaba no desbloqueo do acordo, pero que nestes sete meses vimos como o Goberno non lograba un convenio coa propiedade que acompañara o acordo e tamén como a veciñanza da rúa da Rosa, que ata entón non se manifestara publicamente, mostraba unha oposición radical e mesmo anunciaba un recurso xudicial contra a proposta”. Duarte lembrou, ademais, “que foi precisamete a veciñanza da Rosa a que logrou a paralización da modificación do PERI-12 aprobada por Bugallo en 2005, tamén a través dun recurso xudicial”.

O concelleiro de Compostela Aberta pediulle a Bugallo “que asuma o seu fracaso na Operación Peleteiro, que prometeu ter resolta con consenso en só tres meses, e que pida desculpas por ter enganado á veciñanza e mesmo por ter gastado recursos públicos en informes que lle dixeron que a proposta de CA de 2019 era a mellor das posibles”. Duarte concluiu recordando que CA puxo sobre a mesa outra proposta “que sí tiña o apoio da veciñanza”, con cadansúa abertura de 30 metros cara as rúas República Arxentina e San Pedro de Mezonzo, e invitou ao Goberno a “reestudala, porque se renuncia a contar co apoio da propiedade como fai coa proposta que veu hoxe a Pleno, pode facelo asumindo unha alternativa máis beneficiosa para todas as partes”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo