• CA pídelle ao Goberno que emita unha aclaración, de maneira urxente, para que a cidadanía sexa consciente de que mañá finaliza o prazo para abonar o imposto no período voluntario de pago

Compostela Aberta vén recibindo nos últimos días numerosas queixas en relación ao recibo do imposto de vehículos “que lle está a chegar aos veciños e veciñas nun novo formato de notificación máis difícil de entender para os contribuíntes e que leva a enganos en canto aos prazos e os importes”. A concelleira María Rozas pediulle ao Goberno que, de maneira urxente, emita unha aclaración ao respecto, “porque son moitas as persoas que non son conscientes de que mañá, 5 de maio, finaliza o prazo para abonar o imposto no período voluntario e, polo tanto, sen recargos”.

A concelleira de Compostela Aberta explica que o novo formato da notificación do imposto de vehículos “é confuso para os e as contribuíntes, porque nela aparecen dúas datas diferentes no cadro relativo ao período de pago, e dous importes diferentes, pero en ningún momento se aclara que unha das datas se refire ao período voluntario de pago”. María Rozas pediulle ao Goberno que, diante das queixas recibidas, “realice de maneira urxente unha aclaración, para que os composteláns e compostelás saiban que mañá cinco de maio remata o prazo para o pago do imposto no período voluntario. Mañá, polo tanto, será o último día no que o imposto poida ser abonado sen recargos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies