Compostela Aberta advirte do risco para a seguridade do muro da rúa Fervenza de Conxo

Jorge Duarte pídelle ao Goberno que actúe “porque está advertido do deterioro da estrutura desde decembro de 2019”

  • CA tamén reclama medidas para garantir a seguridade no contorno do edificio en ruínas do número 73 de Sánchez Freire

Compostela Aberta trasladará no próximo Pleno a preocupación da veciñanza de Conxo pola situación na que se atopa o muro de peche do cemiterio, cara a rúa da Fervenza. Esta estrutura, explicou o concelleiro Jorge Duarte, “pasou a funcionar como muro de contención tras as obras de construción do campo de fútbol, e presenta problemas de conservación desde hai tempo, que poderían supoñer un risco para a seguridade”.

No Pleno da próxima semana, Compostela Aberta preguntarálle ao Goberno local polas medidas que vai adoptar para garantir a seguridade e mellorar o estado de conservación do muro da rúa da Fervenza, en Conxo. Tal e como lembra o concelleiro Jorge Duarte, “o Goberno conta cun informe desde decembro de 2019, no que o Consorcio xa informaba da situación dos muros do barrio de Conxo. En concreto, sobre o muro cara a rúa da Fervenza, o documento advertía que “na cara interna pódese observar algunha protuberancia e algunha fenda. Ademais algunhas áreas parecen non ter protección superior”, e tamén urxía a obrigarlle á propiedade a retirar a vexetación da cara externa, que impide coñecer ben o estado da estrutura. Duarte incidiu en que “a veciñanza do barrio de Conxo vén mostrando a súa preocupación polo estado deste muro, e urxe que o Goberno local adopte algunha medida para garantir a seguridade, nunha zona que é moi concurrida”.

Casa en ruínas

Tamén relacionado co barrio de Conxo, Compostela Aberta pinsta ao Goberno a adoptar as medidas necesarias para garantir a seguridade na contorna dun edificio en ruínas, situado no número 73 da rúa de Sánchez Freire. Jorge Duarte explicou que “este inmoble supón un evidente perigo, ademais de xerar problemas de salubridade e de saúde pública por mor das pragas habituais neste tipo de edificacións abandonadas”. Para Duarte, “o Concello debe actuar de inmediato, ben sexa promovendo a derruba do edificio, ou ben adoptando todas as medidas de seguridade que sexan necesarias e que tamén veñen sendo demandadas pola veciñanza”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE MURO DE PEDRA DA RÚA DA FERVENZA NO BARRIO DE CONXO

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A CASA EN RUÍNAS NA RÚA SANCHEZ FREIRE Nº 73 

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo