COMPOSTELA ABERTA APOIA A CONVOCATORIA GALEGA DE FOLGA PARA REIVINDICAR UNHA ATENCIÓN PRIMARIA DIGNA

Desde a asemblea de Compostela Aberta decidimos, por unanimidade, apoiar as reivindicacións das profesionais da Atención Primaria e a folga que teñen convocada para estes días 27 e 28 de novembro.

Desde a asemblea de Compostela Aberta decidimos, por unanimidade, apoiar as reivindicacións das profesionais da Atención Primaria e a folga que teñen convocada para estes días 27 e 28 de novembro. Un apoio que significa estar a favor da dignidade das persoas traballadoras do servizo e das pacientes, unha defensa do ben común que nos sitúa ao carón da defensa da Sanidade Pública e do ámbito máis accesible para todas as persoas: a Atención Primaria.

A Primaria é o servizo máis achegado á veciñanza. Por iso, é onde se detectan mellor as desigualdades, as violencias e as súas consecuencias. É na Atención Primaria onde mellor se revela en que medida as condicións de vida das persoas inflúen no seu modo de enfermar; onde se practica unha mellor atención á comunidade, ao colectivo, ás familias e a todas as persoas.

Un servizo público de proximidade que é o lugar idóneo para realizar unha educación para a saúde, para fomentar a autonomía das persoas, para evitar a medicalización da vida e a consideración da saúde como un ben de consumo. Un xeito de entender o servizo público que tamén redunda na sustentabilidade do sistema sanitario público galego, patrimonio colectivo valioso que é unha das conquistas sociais máis importantes e que debemos preservar.

Para isto compre unha aposta decidida por políticas públicas que coloquen a Atención Primaria como un dereito social básico e irrenunciable. Políticas públicas que conten con orzamentos suficientes, con Plans dotados de concreción práctica, con profesionais diversas e suficientes e con dignidade no desenvolvemento profesional. Só así poderemos atender o máis relevante: a saúde global das persoas.

Compostela Aberta súmase, nas súas mobilizacións, ás profesionais que se comprometen por un futuro digno da Atención Primaria, reivindicando un servizo público de proximidade integrado por diversas categorías profesionais e denunciando a inconcreción dos Plans presentados pola Consellería de Sanidade en base á escaseza/ausencia de melloras percibidas no día a día das consultas.

Arquivado en:sanidade
Novas
relacionadas

María Rozas: “No do aparcamento do Clínico, Bugallo e a Xunta do PP chegaron a un único acordo: non falar do problema ata despois das eleccións”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o alcalde fale agora de “traballo conxunto para adoptar unha decisión sobre o parking, cando a Xunta anuncia un estudo de mobilidade que o propio Bugallo consideraba innecesario ata hai uns días”

Jorge Duarte: “Bugallo debe poñerse a traballar coa Xunta para solucionar as eivas de aparcamento no CHUS”

María Rozas: “A situación do Psiquiátrico de Conxo é insostible desde o punto de vista da dignidade e dos dereitos humanos”

Compostela Aberta pide que o Pleno reprobe á Xerencia da Área Sanitaria de  Santiago  pola súa xestión do hospital e reclámalle á Xunta que solucione as súas deficiencias

Marta Lois: “A Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e a Xunta deben ser reprobadas pola perda de calidade da Atención Primaria e do Hospital Clínico”

A portavoz municipal traslada o apoio de Compostela Aberta “ao persoal do CHUS que se enfronta a represalias por procurar o mellor para os doentes”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo