Coincidimos coas razóns expostas nas demandas do persoal traballador de Atención Primaria no refeente a que as medidas recentemente propostas pola Consellería de Sanidade son «insuficientes» e non garanten un futuro digno para a Atención Primaria. O persoal denuncia que carecen un plan real de ordenación de recursos humanos, así como a saturación crónica das consultas, con axendas saturadas con mási de 50 pacientes ao día , falta de profesionais de medicina familiar, enfermaría, psicoloxía, fisioterapia e mesmo de persoal administrativo. Graves carencias de persoal que impiden unha atención de calidade.
Ademais, rexeitamos os denominados “servizos mínimos abusivos” que procuran invisibilizar a magnitude do apoio á folga que tenta impedir que a sanidade pública siga afundíndose nunha crise estrutural. Desde Compostela Aberta consideramos que esta folga é un xesto de dignidade e responsabilidade social: non só defende os dereitos laborais do persoal, senón tamén o dereito da cidadanía a un sistema público de saúde de calidade, accesible, universal e con futuro.
Instamos á Xunta, á Consellería de Sanidade e ao SERGAS a que escoiten este clamor cidadán e as demandas colectivas do seu propio persoal traballador e que abandonen a tentativa de buscar solucións que só funcionen como parches e presenten urxentemente un plan de ordenación real de recursos humanos para a Atención Primaria en Galicia.
