Compostela Aberta avoga por manter a programación de Noitevella na Praza do Obradoiro

O grupo municipal de CA formulará unha pregunta oral ao respecto no próximo Pleno da Corporación

O grupo municipal de Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta oral para a súa resposta no Pleno da Corporación en relación á programación que ten prevista o Goberno para a noite de Fin de Ano. A concelleira Branca Novoneyra quere saber se o Concello “manterá as actividades musicais nas prazas do Obradoiro e de Cervantes, que tan boa acollida tiveron nas pasadas Noitevellas”.

Na pregunta rexistrada hoxe, o grupo municipal de CA lembra que “os concertos programados no Obradoiro nos Fins de Ano do pasado mandato contaron cunha media de 2.000 persoas asistentes”. Branca Novoneyra pon o acento na “diversidade e calidade dos contidos musicais, coas actuacións de bandas internacionais como The Agapornis ou TTSyndicate nas celebracións de Noitevella, que tamén foron de balde, seguindo as características da programación de festas durante o pasado mandato”. Ademais, a concelleira lembrou que “no ano pasado tamén tivo moi boa acollida o espectáculo de música electrónica e visuais que se celebrou na Praza de Cervantes “pensando para que a mocidade da cidade puideran gozar da música feita por músicas e músicos novos da nosa cidade”.

PODES LER AQUÍ A PREGUNTA FORMULADA POR COMPOSTELA ABERTA

Arquivado en:Branca Novoneyra
Novas
relacionadas

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

Compostela Aberta denuncia o fracaso da convocatoria de axudas para actividades culturais, con só tres entidades beneficiarias

Branca Novoneyra reclama un plan de formación para as asociacións culturais, “porque non é asumible que só 3 entidades reciban este tipo de axudas e queden sen gastar 30.000 euros”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo