Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Con esta nova acción, a plataforma quere denunciar que a Xunta de Galicia “leva anos impulsando unha política sanitaria que está a provocar un deterioro progresivo do Sistema Sanitario Público Galego, abrindo a porta á privatización e á consolidación dun modelo dual no que o acceso á atención sanitaria depende cada vez máis do nivel de renda”. 

SOS Sanidade Pública advirte de que este proceso “se agravou de maneira especialmente preocupante nos últimos anos a través do desmantelamento da Atención Primaria, a imposición de barreiras de acceso aos centros de saúde, o aumento das listas de espera e o desvío crecente de recursos públicos cara á sanidade privada, debilitando a capacidade do sistema público para dar resposta con equidade e calidade”.

Na exposición de motivos, a moción conxunta recolle que na área sanitaria de Santiago de Compostela “as consecuencias desta política son xa plenamente visibles” e advirte que “están a normalizarse escenarios que deberían ser excepcionais”. Así, nas primeiras semanas de novembro de 2025, mesmo antes da chegada do pico da tempada vírica, o servizo de Urxencias rexistrou cifras de máis de 485 atencións diarias e ata 75 ingresos nunha soa mañá e este volume asistencial elevou a ocupación de camas por riba do 89%, “obrigando a manter pacientes en padiolas e cadeiras de rodas en corredores, sen intimidade nin condicións mínimas para unha atención digna”.

Así as cousas, Compostela Aberta, BNG, PSOE e concelleiras Non Adscritas transmiten o seu rexeitamento á política sanitaria da Xunta de Galicia e instan ao cese das políticas de privatización do Sergas e de desmantelamento da sanidade pública galega e, moi especialmente, instan a repor “todos os servizos e persoal da área sanitaria de Santiago”.

Tamén manifestan o apoio a todas a todas as persoas e colectivos que defenden a dignidade e o mantemento da sanidade pública e o respaldo á manifestación de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro, “como expresión colectiva da defensa dun sistema sanitario público, universal, equitativo e de calidade para toda a cidadanía.”

Remate da manifestación de SOS Sanidade Pública na Praza do Obradoiro en febreiro de 2024
Arquivado en:sanidade
Novas
relacionadas

María Rozas: “No do aparcamento do Clínico, Bugallo e a Xunta do PP chegaron a un único acordo: non falar do problema ata despois das eleccións”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o alcalde fale agora de “traballo conxunto para adoptar unha decisión sobre o parking, cando a Xunta anuncia un estudo de mobilidade que o propio Bugallo consideraba innecesario ata hai uns días”

Jorge Duarte: “Bugallo debe poñerse a traballar coa Xunta para solucionar as eivas de aparcamento no CHUS”

María Rozas: “A situación do Psiquiátrico de Conxo é insostible desde o punto de vista da dignidade e dos dereitos humanos”

Compostela Aberta pide que o Pleno reprobe á Xerencia da Área Sanitaria de  Santiago  pola súa xestión do hospital e reclámalle á Xunta que solucione as súas deficiencias

Marta Lois: “A Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e a Xunta deben ser reprobadas pola perda de calidade da Atención Primaria e do Hospital Clínico”

A portavoz municipal traslada o apoio de Compostela Aberta “ao persoal do CHUS que se enfronta a represalias por procurar o mellor para os doentes”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo