Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

O movemento ecoloxista e o sector do mar organizan a Manifestación en Defensa do Mar, o domingo 21 de xaneiro, con saída ás 12.00 horas desde a Alameda de Santiago e con finalización na Praza do Obradoiro. Desde Compostela Aberta apoiamos esta mobilización e animamos a toda a cidadanía a participar nela como acto de protesta e de desconformidade coa actuación da Xunta de Galicia na xestión desta crise.

Fronte á situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e diante dos potenciais riscos para a saúde e o medio ambiente, facemos nosas as reivindicacións dos colectivos convocantes e unímonos á denuncia pública sobre a tardanza e o desleixo do goberno galego en facer fronte a ésta ameaza.

Novamente, como xa acontecera na catástrofe do Prestige, tiveron que ser os colectivos cidadás e as persoas voluntarias as que, en ausencia das institucións, saímos ás praias a loitar contra esta marea plástica.

Reclamamos tamén transparencia na información ao público sobre a toxicidade dos materiais e os seus efectos sobre a saúde e os ecosistemas mariños. E exiximos da Xunta de Galicia que actúe con contundencia e celeridade para que esta catástrofe e a dispersión destes microplásticos polo noso litoral non vaia a máis. 

En defensa do noso mar, mentiras e incompetencia NUNCA MÁIS.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo