Compostela Aberta comprométese a destinar 250.000 euros anuais para a contratación de artistas locais nas Festas

María Rozas insiste en que “é preciso recuperar iniciativas que funcionaron ben no pasado mandato para darlle visibilidade ao noso talento”
  • A candidata de CA defende máis participación veciñal e do tecido asociación na festa do Banquete de Conxo

Compostela Aberta recuperará a presenza de artistas locais nas festas da Ascensión e do Apóstolo, cunha partida mínima anual de 250.000 euros para a súa contratación. Así o explicou a candidata de CA á alcaldía, María Rozas, que reiterou que “as festas son unha oportunidade para promocionar o talento local, así o entendimos no pasado mandato e así o faremos no próximo”.

María Rozas insistiu en que “para Compostela Aberta a programación das festas debe servir para darlle visibilidade á creatividade local, non só no que tén que ver coa música senón tamén con outro tipo de empresas culturais e artistas”. A candidata de CA explicou que “este modelo funcionou con éxito, e por iso cómpre recuperalo”. En concreto, Rozas referiuse aos escenarios específicos para músicos locais que no pasado mandato foron instalados na praza do Toural durante as festas da Ascensión e do Apóstolo, “unha iniciativa que nos comprometemos a recuperar, tirando do censo de Compostela é Música!, que debe ser actualizado e servir de base para outras propostas como a organización dun gran festival de bandas de Santiago”. Para a concelleira, “trátase de promocionar o noso talento, e tamén de favorecer a contratación dos artistas locais, cunha partida específca que non baixará dos 250.000 euros anuais”.

Recuperar a participación veciñal

Ademais, Compostela Aberta inclúe no seu programa outras medidas “para recuperar o pulso das grandes festas de Santiago, ampliando a programación, volvendo a descentralizalas nos barrios e parroquias e combinando a contratación dos artistas locais coa de grandes espectáculos e artistas doutras procedencias”. María Rozas explicou que “tamén volveremos á esencia da Festa do Banquete de Conxo, impulsada no pasado mandato, e que debe recuperar a participación veciñal e social que quedou diluída nas últimas edicións”. A Festa do Banquete, sinalou, “pode servir tamén de exemplo para impulsar a recuperación da memoria doutros fitos históricos de Compostela, que poden ser rememorados de maneira lúdica e participada”. Por último, Rozas comprometeuse a seguir promocionar as festas propias dos barrios e parroquias “como se fixemos no pasado mandato coa da Uña, e como cómpre seguir facendo noutros lugares para poñer en valor as nosas tradicións e dalas a coñecer entre a veciñanza do conxunto do municipio”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo