Compostela Aberta demanda unha convocatoria de axudas para o sector da cultura a través de contratacións directas

Branca Novoneyra insta ao Goberno a “reformular as convocatorias de subvencións para a cultura, indo cara modelos máis transparentes,  áxiles e adaptados á nova realidade do sector”

Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Goberno local poña en marcha unha convocatoria para a contratación directa de traballadores e traballadoras culturais, para que poidan desenvolver a súa actividade en Santiago. A concelleira Branca Novoneyra explicou que “urxe un plan de rescate para o sector da cultura, que tén que ir máis alá das axudas anunciadas con cargo aos remanentes municipais e que permita inxectar liquidez nas ducias de empresas culturais que existen na cidade”.

O grupo municipal de Compostela Aberta levará ao Pleno do mes de novembro unha proposición na que insta ao Goberno a optar pola vía da convocatoria de axudas para a contratación directa, tanto con cargo á partida de 600.000 euros dos remanentes que se teñen anunciado para o sector da cultura, como con cargo a unha partida específica que debe figurar nos orzamentos do próximo ano 2021. Ademais, e no relativo aos remanentes, CA pide que as axudas directas ao sector sexan tramitadas como anticipos de subvención, para asegurar axilidade no cobro, “nun momento no que as empresas precisan urxentemente de liquidez”.

A concelleira Branca Novoneyra lembrou que “en Santiago hai preto de 500 empresas culturais, e preto de 1.300 persoas afiliadas á  Seguridade Social en ramas vinculadas coa actividade cultural, á marxe das máis dun milleiro que están asociadas á Compañía de Radio e Televisión de Galicia”. Fronte a eses datos, na última convocatoria de axudas culturais ao sector profesional, explicou a edil, tan só foron concedidas 11 subvencións, por un importe total dalgo máis de 85.000 euros. Novoneyra incidiu en que “é evidente que se precisa unha reformulación destas convocatorias, apostando por modelos máis transparentes e áxiles como poden ser as axudas por concorrencia competitiva, que xa funcionaron no pasado mandato”. Ademais, a concelleira invitou ao Goberno a “reflexionar sobre os orzamentos para actividades culturais, porque todo apunta a que a redución de aforos impedirá que se desenvolvan algúns programas que estaban consolidados e, polo tanto, o Goberno non pode seguir gastando as cantidades de sempre nas propostas de sempre”.

Para Branca Novoneyra, “é imprescindible activar a produción do sector creativo a través da súa contratación directa, simplificando todos os trámites, e procurando novos espazos no exterior nos que as empresas culturais se poidan adaptar tamén á nova realidade na que a distribución dixital e o streming teñen que ter un papel protagonista”

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA AXILIZAR AS AXUDAS AO SECTOR CULTURAL A IMPULSAR UNHA CONVOCATORIA DE PROXECTOS PARA CONTRATACIÓN DIRECTA NO ANO 2021

Novas
relacionadas

María Rozas comprométese a recuperar o pulo cultural de Santiago “despois de catro anos de desgana do Goberno de Bugallo”

A candidata de Compostela Aberta presentou o programa en materia de cultura, acompañada por Comba Campoi e Javier García

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo