Compostela Aberta denuncia a falta de transparencia do Goberno no peche do Rexistro Auxiliar do Ensanche

O grupo municipal de CA lembra que o Goberno negou en xaneiro o peche do rexistro do Ensanche, e en maio decretou o traslado da funcionaria que atendía o servizo

Compostela Aberta volverá pedir explicacións polo peche do Rexistro Auxiliar do Ensanche, “que o Goberno negou en xaneiro, en resposta a unha pregunta de CA, pero que recoñeceu posteriormente no decreto no que ditou o traslado a outro departamento da funcionaria que atendía o servizo”. A concelleira María Rozas lamentou “non só que se desmantele un servizo clave para a veciñanza xusto cando o Rexistro Xeral está desbordado, senón tamén a escasa transparencia do Goberno de Bugallo, que non está a informar con claridade sobre a situación e sobre os seus plans para o Rexistro Auxiliar do Ensanche”. 

María Rozas lembrou que as primeiras informacións sobre o peche do Rexistro Auxiliar do Ensanche remóntanse xa a novembro de 2020”. Despois da denuncia dunha central sindical ao respecto, Compostela Aberta presentou unha pregunta por escrito, que o Goberno respondeu en xaneiro sinalando que “non se pechou o Rexistro do Ensanche, o persoal destinado no mesmo segue coas mesmas funcións, e a pretensión deste goberno é dar cumprimento a un acordo do Pleno de prestar maior asistencia á cidadanía para facilitarlle as súas comunicacións co Concello a través da Administración Electrónica”. Meses despois, en maio, a concelleira de Facenda e Persoal ditou o traslado da funcionaria que atendía o servizo, nun decreto que di textualmente “a funcionaria (…) estaba a prestar servizos no Rexistro Auxiliar do Ensanche, e desde o seu peche os vén prestando nas dependencias da oficina de asistencia en materia de rexistro”. Para María Rozas, “o Goberno local recoñece así o peche do Rexistro Auxiliar do Ensanche, que nunca comunicou oficialmente, e dá a entender que a medida non é provisional posto que lle está buscando outro destino á traballadora que o atendía”.

Para a concelleira de Compostela Aberta, “é lamentable o peche dun servizo que é clave para a cidadanía, e que se efectiviza cando o Rexistro Xeral do Concello está desbordado e cando os veciños e veciñas teñen que agardar semanas polas súas citas”. A concelleira insistiu en que “a administración electrónica aínda non é unha solución válida para toda a cidadanía por mor da fenda dixital, e é preciso que se manteña unha alternativa para que estas persoas fagan as súas xestión”.

Arquivado en:Facendamaría rozas
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo