• O grupo municipal de CA lamenta os prexuízos desta medida para a cidadanía, xusto cando o Rexistro Xeral está totalmente desbordado

Compostela Aberta denunciou hoxe o peche do Rexistro Auxiliar do Ensanche, “un servizo que é clave para a cidadanía, máis nas actuais circunstancias e cando o Rexistro Xeral está desbordado”. A concelleira María Rozas presentou unha pregunta para que o Goberno explique a situación na que se atopa este servizo, para o que non é posible xa solicitar cita previa.

Ainda que non hai unha confirmación oficial do peche do rexistro do Ensanche por parte do Goberno, a día de hoxe o servizo non se atopa operativo. Non é posible solicitar cita previa como noutros servizos municipais, e tampouco está a exercer as súas funcións de rexistro. María Rozas alertou das negativas consecuencias que tén este peche “porque o Rexistro Xeral está desbordado, a veciñanza está a ter que agardar ata un mes polas súas citas, cando iso implica o risco de superar prazos para determinados trámites”. A concelleira lembrou que “a administración electrónica non é unha solución para toda a cidadanía, primeiro porque non está a funcionar aínda como se agarda que o faga, e segundo porque segue existindo unha fenda dixital que fai que determinados veciños e veciñas teñan que ter unha alternativa para as súas xestións”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies