Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía denunciou hoxe que “a seis días para as eleccións municipais, CA é a única formación que tén o seu programa electoral publicado e accesible para toda a veciñanza”. María Rozas invitou a PSOE, PP e BNG “a facer un exercicio de calidade democrática, e permitir que a veciñanza poida consultar cales son os seus compromisos reais, máis alá dos grandes titulares”. 

María Rozas explicou que Compostela Aberta tén publicado o seu programa electoral na páxina web da organización, “e resúltanos sorprendente que ningunha das outras formacións con representación no Concello de Santiago fixeran este exercicio de transparencia, cando faltan seis días das eleccións”. Ao respecto, salientou que “os candidatos de PSOE e PP e a candidata do BNG levan semanas falando de propostas que din que están no seu programa electoral, pero ese documento non está accesible para a veciñanza”. A cabeza de lista de CA incidiu no caso do Partido Popular “que leva semanas repartindo un folleto cun código QR para consultar o programa completo, pero ao abrilo ainda hoxe se sinala que esa información estará dispoñible próximamente”.

Para María Rozas, “é evidente que Compostela Aberta é a única organización que non está a improvisar as súas propostas, nunha campaña electoral na que as outras formacións parecen ir lanzando ideas pensadas para acaparar titulares, pero sen un compromiso firme coa veciñanza a través dun programa electoral”. A candidata de CA reclamoulles a PSOE, PP e BNG que “sexan claros cos veciños e veciñas, e lles faciliten por escrito un documento no que todos e todas poidan coñecer cales son os seus modelos de cidade”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O NOSO PROGRAMA ELECTORAL: https://compostelaaberta.org/programa-2023/

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo