Compostela Aberta e BNG comezan as negociacións dun pacto de goberno

María Rozas: “Sempre hai espazo para o consenso, e temos que escoitar á veciñanza de Santiago que nos pediu nas urnas que chegaramos a acordos”

 Compostela Aberta e BNG iniciaron hoxe as negociacións dun pacto de goberno, despois de que a asamblea de CA se pronunciara onte a favor de explorar a posibilidade de entrar nese executivo de coalición. María Rozas reiterou que “a veciñanza pediunos nas urnas que chegaramos a acordos, e Compostela Aberta tén toda a vontade de facelo, sen dilatar os tempos, e garantindo as políticas progresistas e transformadoras que precisa Santiago”

María Rozas explicou que a primeira reunión entre CA e BNG “serviu para falar dos principais retos e urxencias que tén por diante Santiago, e tamén das propostas que Compostela Aberta entende que hai que afrontar nos próximos anos”. A portavoz municipal mostrouse convencida de que “as conversas van polo bo camiño, queda moito aínda por falar, pero a nosa vontade non é a de dilatar os tempos”. Para Rozas, “estamos obrigadas a escoitar o que nos dixeron os veciños e veciñas o 28 de maio, elixindo unha Corporación de maioría progresista e plural”, e nesa liña defendeu que “todas as forzas da esquerda temos que remar na mesma dirección para termos o mellor goberno, que é o goberno máis amplo”.

A candidata de Compostela Aberta explicou que “a nosa asamblea entendeu onte que o máis responsable para Santiago é que CA entre no Goberno, para garantir as políticas progresistas e transformadoras que precisamos, e nós asumimos ese mandato convencidas de que sempre hai espazo para o consenso”. María Rozas aclarou tamén que calquera pacto de goberno terá que ser novamente refrendado pola asamblea de Compostela Aberta.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo