Compostela Aberta e BNG presentan unha moción conxunta para esixir a retirada dos pregos de Centros Socioculturais

Marta Lois denuncia “a actitude soberbia do concelleiro Javier Fernández, que debera ser desautorizado polo alcalde”
  • Marta Lois denuncia “a actitude soberbia do concelleiro Javier Fernández, que debera ser desautorizado polo alcalde”

Compostela Aberta e o BNG levarán ao Pleno da próxima semana unha moción conxunta para reclamar a revisión de oficio dos pregos para a licitación do servizo de xestión da rede dos centros socioculturais. Así o anunciaron hoxe as portavoces dos dous grupos municipais, coincidindo co inicio, hoxe, da folga do persoal dos CSCs. A voceira de CA, Marta Lois, lamentou “a actitude do concelleiro e do propio alcalde, que levan meses ignorando os avisos sobre os erros que contiñan os pregos, e ignorando as demandas dos traballadores e traballadoras”.

A Xunta de Goberno aprobou a finais de outubro a licitación do servizo de xestión da rede de centros socioculturais, cun procedemento dividido en catro lotes. Unha vez avaliada a documentación, Compostela Aberta denunciou en decembro os moitos erros que conteñen os pregos e alertou dos problemas que ía traer a licitación e dos riscos de precarización dos e das traballadoras. Nos últimos cinco meses, foron varias as iniciativas relacionadas cos pregos que os grupos da oposición  levaron ao Pleno, e de feito na última sesión mesmo interviu unha representante do persoal para denunciar as incoherencias e incorreccións dos pregos e para avanzar a convocatoria da folga que hoxe comeza. 

Para Marta Lois, “é incomprensible que o concelleiro de Centros Socioculturais manteña a súa actitude soberbia e siga sen falar cos traballadores e traballadoras dos centros socioculturais, e ainda é máis incomprensible que o alcalde siga avalando a Javier Fernández”. A portavoz de Compostela Aberta reiterou que “o Goberno debe rectificar, e revisar de oficio os pregos de cláusulas administrativas da licitación e os pregos técnicos dos catro lotes nos que se dividiu a licitación, para garantir un servizo de calidade para a veciñanza e unhas condicións dignas para os traballadores e traballadoras”.

Documentación
relacionada
MOCIÓN CONXUNTA DE CA E BNG PARA INSTAR Á XUNTA DE GOBERNO A REVISAR DE OFICIO DOS PREGOS DE XESTIÓN DA REDE DE CENTROS SOCIOCULTURAIS DE SANTIAGO
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo