Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

 Compostela Aberta e BNG instan á Xunta de Galicia a cumprir coas súas responsabilidades e, no marco das súas competencias, activar de maneira urxente o procedemento para a retirada dos residuos depositados na canteira de Miramontes e a recuperación ambiental da zona. Os dous grupos que conforman o Goberno de Santiago levarán ao próximo Pleno unha moción de urxencia para que a Corporación municipal manifeste o seu apoio ás reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA, despois da sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condena a Tecnosolos Galaicos por un delito contra o medio ambiente pola actividade desenvolvida nas instalacións da parroquia da Grixoa.

Na moción conxunta, Compostela Aberta e BNG lembran que o Concello de Santiago implicouse activamente no conflito pola canteira de Miramontes desde o seu inicio e, polo tanto, debe seguir apoiando as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e de FERUSA en defensa da saúde, do medio ambiente e dos dereitos da veciñanza. Por iso, os dous grupos do Goberno esíxenlle á Xunta que faga público un calendario con prazos concretos para a retirada do material depositado na canteira e a restauración ambiental da zona, e que informe con transparencia do estado actual da canteira, dos riscos ambientais existentes e das medidas técnicas previstas para evitar novos impactos negativos na zona durante o proceso de restauración. 

O Concello, do lado da veciñanza

Tal e como se recorda na moción conxunta, o Concello de Santiago mantivo unha implicación activa no conflito xerado pola canteira de Miramontes, mesmo acudindo á Fiscalía cando se detectaron indicios claros de que se estaba a incumprir a normativa ambiental e xerando risco para o medio e as persoas. Ademais, o propio Concello promoveu estudos analíticos de auga e de aire e visitas de inspección ao complexo, iniciou expedientes polos incumprimentos detectados na explotación, declarou non legalizada a actividade da canteira e deu traslado á Xunta para que adoptase as actuacións e resolucións oportunas, ante a ausencia de título xurídico municipal para o seu desenvolvemento. 

A estes procedementos sumáronse os expedientes sancionadores abertos pola propia Consellería de Medio Ambiente e ratificados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que obrigan á retirada do material acumulado na canteira e á restauración da situación anterior na zona. Esta medida non debe demorarse máis, despois da sentenza da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña que considera probado que a empresa Tecnosolos Galaicos SL incumpriu de maneira consciente e continuada as condicións da súa autorización ambiental, superando amplamente a capacidade máxima permitida, almacenando residuos en zonas non autorizadas, deixando materiais á intemperie, xerando lixiviados e verteduras sen tratamento e provocando afeccións ao subsolo e ás augas.

Compostela Aberta e BNG entenden que, tras esta sentenza, resulta inaceptable que non se lle dea unha solución ambiental definitiva á canteira de Miramontes de maneira urxente, porque mentres se manteñan materiais depositados na zona continuarán a preocupación e os riscos para a veciñanza.

Imaxe de arquivo da canteira de Miramontes
Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo