Compostela Aberta esixe “un verdadeiro plan de rescate para a hostalería, dotado económicamente e dialogado co sector”

Marta Lois lembra que o único anuncio da Xunta é “a creación dun fondo común de axudas coas Deputacións e cos Concellos, do que as outras administracións pouco saben e que non se falou coa hostalería de Santiago”
  • CA leva ao Pleno unha moción en apoio á hostalería e para esixir que se axilice o pago das axudas xa concedidas

Compostela Aberta esíxelle á Xunta de Galicia que aprobe “un verdadeiro plan de rescate para a hostalería, con medidas a medio e longo prazo e dotado económicamente, que estea negociado co tecido asociativo do sector, tamén co de Santiago”. Así se recolle nunha moción que a voceira de CA, Marta Lois, defenderá no próximo Pleno da Corporación, na que tamén se reclama ás diferentes administracións que axiliccen o pago das axudas xa aprobadas para a hostalería diante da pandemia da Covid-19.

A voceira de Compostela Aberta lembrou que “as axudas directas para a hostalería acordadas pola Xunta de Galicia foron claramente insuficientes, e a falta de apoio ao sector por parte do Goberno de Feijóo queda máis evidencia se se compara co acontecido noutras comunidades autónomas”. Marta Lois reclamou “un verdadeiro plan de rescate que estea dotado economicamente, porque o único que anunciou ata o de agora a Xunta é a creación dun fondo común coas Deputacións provinciais e cos concellos, do que non sabemos canto diñeiro tería que achegar cada administración nin como se faría o reparto das axudas”. A concelleira de Compostela Aberta lembrou, ademais, que ese anuncio dun fondo común “se fixo sen contar nin coas Deputacións nin cos Concellos”, e instou unha vez máis ao alcalde de Santiago “a abandonar a submisión permanente a Feijóo e a actuar para defender os intereses da hostalería de Compostela e do conxunto da cidade”.

Diálogo co sector

Marta Lois reivindicou que o plan de rescate que poña en marcha a Xunta “estea dialogado co conxunto do tecido asociativo da hostalería, tamén cos representantes do sector en Santiago”. Ao respecto, sinalou que “o feito de que a hostalería de Compostela mostrara as súas discrepancias na primeira mesa de diálogo co vicepresidente Rueda non xustifica que o Goberno galego non a teña en conta e non a convoque aos últimos encontros”. Ademais, Lois indicou que “o tempo deulle a razón ao sector de Santiago, que non fixo máis que denunciar que as axudas autonómicas eran insuficientes, e a Xunta estáo a recoñeccer agora cando anuncia unha segunda fase, supostamente con maior dotación económica”.

Na moción que a portavoz de CA defenderá no Pleno tamén se insta ás diferentes administracións a axilizar o pago das axudas xa aprobadas e concedidas ao sector. Marta Lois sinalou que “neste apartado suspende a Xunta, pero tamén o Concello de Santiago, que non foi quen de abonar aínda as axudas directas convocadas en maio”. Por último, a moción de Compostela Aberta insta ao Concello, a Xunta e ao Estado a ampliar todas as medidas que faciliten o mantemento da actividade do sector, como mínimo ata a recuperación do seu funcionamento anterior á crise da Covid. Entre outras, cítanse medidas como os ERTEs ou a ampliación das terrazas.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA EN SOLIDARIEDADE E APOIO CO SECTOR DA HOSTELARÍA DA NOSA CIDADE

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo