Compostela Aberta esíxelle ao Goberno unha solución para os clubes deportivos afectados polo peche da piscina de Sar

O grupo municipal de CA levará a Pleno a situación dos 400 deportistas que non poden realizar os seus adestramentos por falta de espazo
  • O concelleiro Xan Duro critica o desleixo da concelleira de Deportes, “que impide que os equipos fagan uso das instalacións ata acordar entre eles o reparto de usos”

Compostela Aberta instou hoxe ao Goberno local a “procurar de maneira urxente unha solución para os clubes deportivos que se están a ver prexudicados polo peche da piscina de Sar, que impide que máis de 400 deportistas adestren con normalidade”. O edil Xan Duro lamentou “o absoluto desleixo da concelleira de Deportes, que non soubo prever os problemas derivados do peche de Sar e que agora non é quen de atopar solucións, en colaboración cos colectivos afectados”.

O pasado 19 de setembro anunciouse o peche da piscina do Multiusos de Sar para proceder á substitución da súa cuberta por unha estrutura telescópica, uns traballos para os que non se facilitaron prazos concretos. O peche aféctalle a catro clubes deportivos que viñan utilizando as piscinas de Sar e de Santa Isabel: o Club de Natación Deportiva Cidade de Santiago, Arcade Triatlón, Waterpolo Santiago e Triatlón Compostela, que suman uns 400 deportistas que deben convivir agora en Santa Isabel. Tal e como explica o concelleiro Xan Duro, “a única solución que atopou a concelleira de Deportes para facilitar os adestramentos destes equipos foi ofrecerlles, cun horario ampliado, dúas estaxes da piscina de Santa Isabel, dúas menos que as que tiñan ata agora, para priorizar o uso por parte das persoas abonadas”. Ante as queixas dos clubes pola imposibilidade de adestrar en condicións, denuncia o concelleiro de CA, “Esther Pedrosa optou polo desleixo, e prohibiulle o uso das instalacións de Santa Isabel aos catro equipos afectados ata que entre eles acorden o reparto das dúas estaxes da piscina que lle corresponden”. Para Xan Duro, a concelleira de Deportes “demostra descoñecer a situación destes equipos e non escoitar as súas demandas, porque non tén en conta que os e as deportistas amateurs deben compatibilizar os adestramentos coa vida laboral ou cos estudos e, polo tanto, precisan espazos dispoñibles na tarde-noite e nos sábados pola mañá e non é ningunha solución ampliar horarios en só dúas estaxes”.

Xan Duro denuncia que a situación é especialmente incomprensible porque “o número de abonos para a piscina tén descendido drásticamente por mor da pandemia da Covid-19, e polo tanto dáse a situación de que as estaxes para estas usuarias están baleiras mentres que ata 10 deportistas teñen que convivir nas estaxes reservadas para os clubs.

Posibles solucións

O concelleiro de Compostela Aberta levará ao próximo Pleno as peticións que veñen formulando os catro clubs deportivos afecados polo peche de Sar, se ben Xan Duro mostrou o seu desexo de que “Esther Pedrosa recapacite e atope solucións de maneira urxente, antes da celebración desa sesión”. O edil propónlle á concelleira de Deportes que, tal e como sinalan os equipos, “a redución da anchura das estaxes de Santa Isabel para gañar unha máis, a flexibilización dos usos das distintas estaxes en función do número de persoas usuarias en cada momento, e a ampliación do tempo de usos das salas de musculación e de sala inferior para que os deportistas poidan facer adestramentos en seco ”. Duro tamén lle pide ao Goberno que negocie coa Universidade de Santiago e con outros concellos próximos que contan con piscina municipal como Ames, Brión ou Teo.

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo