Compostela Aberta inicia unha campaña para informar á veciñanza “do que nos xogamos co modelo de xestión da auga”

O relator da ONU para os dereitos humanos á auga e ao saneamento, Pedro Arrojo, e a concelleira responsable da municipalización da auga en Valladolid, María Sánchez, protagonistas dunha conversa aberta organizada por CA

 Co inicio do novo ano, Compostela Aberta vai poñer en marcha unha serie de iniciativas que teñen como obxectivo informar á veciñanza e xerar debate público ao redor do modelo de xestión da auga, “porque todos os composteláns e compostelás teñen dereito a coñecer o moito que nos xogamos con este servizo, e por que hai tantos intereses ocultos tras a súa xestión”. Así o explicou a portavoz municipal de CA, Marta Lois, que o próximo xoves materá unha conversa aberta ao respecto con María Sácnchez, concelleira de Valladolid Toma la Palabra  e impulsora da municipalización do servizo da auga nesa cidade; Pedro Arrojo, relator especial da ONU para os dereitos humanos á auga e ao saneamento; e co tamén concelleiro de Compostela Aberta, Xan Duro.

Baixo o título “A auga en Santiago. Retomar o control público do dereito á auga”, o encontro virtual terá lugar o próximo xoves, 14 de xaneiro, e poderáse seguir a través da canle de Youtube de Compostela Aberta a partir das sete e media da tarde. A conversa será unha boa oportunidade para coñecer a experiencia de Valladolid, cidade que municipalizou o ciclo integral da auga durante o pasado mandato, cun goberno de coalición presidido polo PSOE e no que a concellería de Medio Ambiente dependía da que segue sendo a súa responsable, María Sánchez, da agrupación Valladolid Toma la Palabra. A concelleira poderá explicar como está a funcionar o servizo a través da entidade pública Aquavall, que nos tres anos que transcorreron desde a municipalización investiu 28 millóns de euros na mellora do servizo, fronte aos 27 millóns investidos nos 20 anos anteriores de xestión privada.

No encontro virtual organizado por Compostela Aberta participará tamén Pedro Arrojo, que no pasado mes de outubro foi nomeado relator especial da ONU para os dereitos humanos á auga e ao saneamento. Arrojo é doutor en Ciencias Físicas pola Universidade de Zaragoza, é autor dun gran número de publicacións sobre a xestión da auga, e foi tamén deputado de Unidas Podemos no Congreso. O relator da ONU publicou un comunicado tras anunciarse a cotización da auga no mercado de futuros de Wall Street  para denunciar que esta medida “viola os dereitos humanos básicos e vai vulnerable ao líquido elemento ante unha aventual burbulla especulativa. Non se pode poñer un valor á auga como se fai con outros produtos básicos comercializados, porque a auga é de todos e é un ben público”

Debate fronte á falta de transparencia

A portavoz de Compostela Aberta mostrouse convencida de que “é imprescindible debater públicamente sobre os diferentes modelos de xestión dun ben público como é a auga, e coñecer que hai cidades nas que optaron por unha vía alternativa á da concesión a longuísimo prazo como a que Bugallo quere impoñer en Santiago presentándoa como a única opción válida”. Nesa liña, Marta Lois invitou á veciñanza, e tamén ao propio alcalde, a escoitar no encontro do xoves a experiencia de Valladolid “unha cidade cun alcalde socialista na que a municipalización está a ser boa para a calidade do servizo e para as arcas públicas”. 

Lois insistiu en que “Compostela Aberta continuará fomentando o debate público sobre a xestión da auga, a través doutras iniciativas previstas para as próximas semanas, fronte a un Goberno do PSOE que segue poñendo trabas para que unha comisión  determine cal é o modelo máis eficiente e que segue sen facilitarlle á oposición a información que require ao respecto da auga”. O grupo municipal de CA rexistrou hai máis dun mes a solicitude de acceso a dous documentos dos que falou o propio alcalde no Pleno de novembro: un estudo comparativo dos diferentes sistemas de xestión da auga e un informe sobre a orde de prioridades de actuación na rede de subministro. Tamén tén solicitado outros dous estudos que foron contratos polo Goberno local no primeiro trimestre do ano: un anteproxecto de explotación, pregos e outros documentos para o novo contrato do ciclo integral da auga, contratado en febreiro por un importe dalgo máis de 18.000 euros; e o Plan de necesidades do novo contrato do ciclo integral da auga a nivel anteproxecto, contratado no pasado mes de marzo, tamén por algo máis de 18.000 euros. O PSOE aínda non facilitou ningunha da documentación requirida.

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo