Compostela Aberta insta á Xunta a “clausurar o vertedoiro de Miramontes e a impedir os novos enredos da empresa para incumprir os mandatos xudiciais”

O concelleiro Xan Duro lembra que a UTE leva máis de tres anos litixando e mantendo a circulación de vehículos pesados, a pesar do pronunciamento do Tribunal Supremo

Compostela Aberta reclamou hoxe “a máxima contundencia” para facer cumprir as sentenzas xudiciais, a última delas do Tribunal Supremo, que impiden o paso de camións de gran tonelaxe pola pista rural de acceso á canteira de Miramontes. O concelleiro Xan Duro mostrou a súa “sorpresa ante o novo enredo” co que a UTE que xestiona o vertedoiro pretende continuar coa súa actividade, e urxiu á Xunta a “exercer as súas competencias e clausurar as instalacións, porque ese será o xeito definitivo de garantir os dereitos da veciñanza da Grixoa”.

O concelleiro de Compostela Aberta lembrou que “o deber das institucións é garantir os dereitos fundamentais da veciñanza, agredidos durante anos pola actividade da canteira”. Para Xan Duro, “é sorprendente que a UTE que xestiona as instalacións pida agora medidas cautelares para manter a circulación de vehículos pesados, despois de tres anos e medio de litixio xudicial”. O edil lembrou que foron diversas as sentenzas que avalaron a legalidade da resolución para impedir o paso dos camións, que el mesmo asinou durante o pasado mandato municipal, “a última delas a do Tribunal Supremo, en decembro pasado”. Para Xan Duro, “se a empresa tiña vontade de adoptar medidas para limitar as afectacións á  veciñanza polo paso dos vehículos, puido telo feito durante estes tres anos e medio no canto de litigar nos xulgados contra os intereses da cidadanía”.

Para Xan Duro, “cada vez hai menos escusas para non actuar con contudencia en Miramontes”. Nesa liña, o concelleiro de Compostela Aberta instou á Xunta a clausurar o vertedoiro canto antes para acabar cos problemas de salubridade que xera na Grixoa, e a devolver a zona ao seu estado orixinal”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo