Compostela Aberta insta ao Goberno a concorrer á convocatoria de axudas do proxecto Europa Creativa 2019

  • A concelleira Branca Novoneyra explica que “esta será a derradeira convocatoria do actual programa quincenal, e repartiranse 44 millóns de euros”

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que insta ao Goberno a concorrer á convocatoria de axudas a proxectos de cooperación cultural “Europa Creativa 2019”. O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o 27 de novembro e, tal e como explicou a concelleira Branca Novoneyra, “esta será a derradeira convocatoria do actual programa quinquenal 2014-2019, cun orzamento total de 44 millóns de euros para un cento de proxectos, e por iso se prevé un incremento das posibilidades de éxito das propostas que se presenten”.

A convocatoria de axudas a proxectos de cooperación europea Europa Creativa foi publicada o pasado 2 de outubro. Segundo explicou Branca Novoneyra, “na convocatoria apúntase a liñas de traballo prioritarias nas que o Concello de Santiago viu traballando nos últimos anos como a conexión da cultura coa área de políticas sociais, a mobilidade internacional dos artistas e profesionais culturais, o fomento de novos públicos, ou a creación de emprego no sector cultural”. Ademais, incidiu en que “as axudas refírense tamén de maneira específica a proxectos de fomento do patrimonio cultural, en liña coa celebración, o ano pasado, do Ano Europeo do Patrimonio Cultural na que Compostela tivo tamén un papel protagonista”. 

Mellor vía para captación de recursos

A concelleira de Compostela Aberta incidiu en que “os fondos europeos preséntanse como a mellor vía para complementar os orzamentos destinados á cultura, toda vez que as vías da Deputación ou da Xunta xa están totalmente espremidas”. Nesa liña, lembrou que en Santiago “temos sobrada experiencia na captación de recursos comunitarios, con máis de 20 millóns de euros conseguidos no pasado mandato, e mesmo co proxecto Wom@arts, beneficiario do programa Europa Creativa”.

Branca Novoneyra incidiu en que “esta convocatoria é unha excelente oportunidade para que Santiago manteña o seu status preferente de beneficiario deste tipo de convocatorias, para seguir aproveitando as sinerxias positivas derivadas dos nosos recoñecementos na UNESCO como Cidade Patrimonio mundial e das rutas Culturais do Consello de Europa e para seguir traballando en rede con outras cidades europeas referentes en materia cultural”.

 

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA CONCORRER Á CONVOCATORIA AS AXUDAS PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN EUROPEA DENTRO DO EUROPA CREATIVA 2019

Novas
relacionadas

María Rozas comprométese a recuperar o pulo cultural de Santiago “despois de catro anos de desgana do Goberno de Bugallo”

A candidata de Compostela Aberta presentou o programa en materia de cultura, acompañada por Comba Campoi e Javier García

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo