Compostela Aberta insta ao Goberno a decretar unha moratoria na apertura de tendas de souvenirs na cidade histórica

Marta Lois denuncia que “a proliferación destes establecementos impide fixar poboación e supón a degradación urbana e estética da zona vella”
  • O Pleno da próxima semana debaterá a proposición de CA, que pide que se aprobe unha orenanza reguladora para a protección do comercio tradicional

Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana unha proposición na que insta ao Goberno a decretar unha moratoria na apertura de tendas de souvenirs para turistas no ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica. A concelleira Marta Lois presentou hoxe a proposta, que inclúe outras medidas para favorecer a protección e revitalización do comercio tradicional e de proximidade na zona vella de Santiago.

Marta Lois explicou que “o comercio tradicional da cidade histórica de Compostela sofre as consecuencias da aparición dos centros comerciais e da venda on line pero, a maiores, a presión turística fai que proliferen as tendas de recordos pensadas unicamente para os turistas”. A concelleira alertou “da degradación urbana e estética que supoñen estes establecementos en rúas como San Francisco, Acibechería, ou Carretas, de onde xa desapareceron as tendas que lle dan servizo á veciñanza, de xeito que se fai aínda máis difícil fixar poboación neste ámbito”.

Plan Estratéxico do Comercio

Tal e como se lembra na proposición que será debatida no Pleno, “no pasado mandato aprobouse un Plan Estratéxico do Comercio no que se avoga por impulsar medidas revitalizadoras do comercio tradicional, que deberan estar recollidas nun Plan de Dinamización que protexa este tipo de establecementos que achegan valor sociocultural e que enriquecen a zona histórica, a través de medidas de discriminación positiva que promovan a súa apertura”.

Tamén nese Plan Estratéxico, lembrou Marta Lois, “falábase da conveniencia de aprobar unha ordenanza reguladora para a protección do comercio tradicional e de proximidade, que estableza e delimite áreas saturadas de tendas de souvenirs”. Ao respecto, a edila explicou que “o Goberno do PSOE dispón xa dun estudo, elaborado durante o anterior mandato, que facilitaría a tramitación desa ordenanza”. Por último, a concelleira pediu a creación dun Observatorio do Comercio da Cidade Vella de Santiago, que permita un mellor coñecemento e acompañamento destes establecementos comerciais, favorecendo o deseño de políticas públicas futuras que garantan a súa preservación e diversidade.

Marta Lois incidiu en que estas medidas “poderían ser adoptadas no marco das actuacións urxentes na cidade histórica,  presentadas polo Goberno de Bugallo de cara ao Xacobeo de 2021, porque non precisan de investimento e mellorarían significativamente a situación da cidade vella e a convivencia coa veciñanza”.

PODES LER AQUÍ A PROPOSICIÓN DE CA PARA A PROTECCIÓN DO PEQUENO COMERCIO NA CIDADE VELLA DE SANTIAGO

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo