Compostela Aberta insta ao Goberno a facilitar o acceso ao material escolar ao alumnado con dificultades

O grupo municipal de CA lembra que en moitos municipios Protección Civil encárgase de entregar material impreso ás familias que non poden acceder a el a través da rede

Compostela Aberta vén de instar ao Goberno Local a procurar fórmulas para achegarlle o material escolar ao alumnado confinado, moi especialmente a aqueles estudantes que teñen dificultades para acceder aos recursos a través da rede. O grupo municipal de CA pide que, ao igual que está a acontecer en concellos de todo o Estado, Protección Civil se encargue da  entrega porta a porta dese material.

Desde a suspensión das clases por mor da crise sanitaria da Covid-19, foron moitos os concellos de todo o Estado, moitos deles tamén en Galicia, que facilitaron a entrega do material escolar que quedara nos centros escolares ao alumnado. Na maioría dos casos, esa tarefa encargóuselle ao voluntariado de Protección Civil, que en moitas cidades tamén está a facer entrega de material impreso a aqueles estudantes que teñen dificultades para seguir as clases on line ou que non poden imprimir os recursos que precisan para rematar o curso.

Atendendo ás múltiples queixas que tén recibido nas últimas semanas desde diferentes comunidades educativas, o grupo municipal de Compostela Aberta insta aos departamentos municipais de Educación e Políticas Sociais a buscar fórmulas que permitan achegar recursos educativos ás familias que carecen de ferramentas para o correcto seguimento das clases virtuais, co obxectivo de que esta crise sanitaria non supoña unha maior fenda no acceso á educación dos nenos e nenas de Santiago.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo