Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

A portavoz de Compostela Aberta foi moi crítica hoxe coa Xunta de Galicia, despois de que o director da Axencia Galega de Infraestruturas presentara o trazado alternativo da senda ciclable do Milladoiro-Santiago co que sae ao paso das denuncias da veciñanza e dos colectivos ecoloxistas que derivaron na apertura de dilixencias penais por esta actuación, tanto por parte do Xulgado Nº 2 de Santiago como da Fiscalía Anticorrupción Europea. Para María Rozas, “o Goberno galego non mellora a proposta inicial senón todo o contrario, e volve obviar que existen alternativas para esta senda que son absolutamente respectuosas co Banquete de Conxo, que non poñen en risco árbores centenarias como acontece con esta alternativa, e que non pasan por formigonar ao carón do río”. 

Sen diálogo coa veciñanza

Rozas cualificou de “incomprensible que a Xunta volva presentar un trazado para a senda ciclista que non foi dialogado coa veciñanza, que hoxe xa manifestou o seu desacordo con esta proposta”. “De nada vale”, engadiu a portavoz de CA, “que o Goberno galego anuncie agora unha xuntanza a posteriori, se non é para escoitar e ter en conta as achegas dos veciños e veciñas”. Ademais, incidiu en que “o director da Axencia Galega de Infraestruturas non pode ampararse en que a tramitación do proxecto foi a correcta porque, á espera de coñecer o que decide a xustiza nas dilixencias abertas, que unha proposta sexa legal non equivale a que sexa a mellor para a súa contorna e para a veciñanza”.

María Rozas adiantou que Compostela Aberta avaliará con detalle o novo trazado, “tendo en conta que as modificacións previstas non mudan substancialmente o impacto na contorna natural”, e non descarta presentar alegacións a este proxecto modificado.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo