Compostela Aberta lamenta que o Goberno de Bugallo rache co consenso acadado en torno ao proxecto do Peleteiro

A proposta do Goberno muda a localización da praza pública que fora acordada coa veciñanza e co tecido comercial, e desbota a posibilidade de construír un aparcamento público na parcela do vello colexio
  • Jorge Duarte critica que o alcalde “desbote a posibilidade de construír un aparcamento de xestión pública no Ensanche”

Compostela Aberta mostrou hoxe o seu malestar polos cambios introducidos polo Goberno na súa proposta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro, “que esquece algunhas cuestións fundamentais que foran acordadas durante o pasado mandato coa veciñanza e co tecido comercial do Ensanche”. O concelleiro Jorge Duarte lamentou que o executivo de Bugallo “volva perder o tempo cun proxecto que introduce solucións que xa foran desbotadas en 2018 porque se viu que non quedaban ben integradas na trama urbana”.

Duarte lembrou que “Bugallo comprometeu un proxecto consensuado para o vello colexio Peleteiro nos primeiros tres meses de mandato, e vén de dar un importante paso atrás para lograr ese acordo  cando se cumpren 13 meses da súa toma de posesión. Para o concelleiro de Compostela Aberta, “o Goberno volve sementar dúbidas sobre os seus intereses no desenvolvemento urbanístico desta importante peza do Ensanche, como xa fixo cando decidiu encargarlle a elaboración do informe de usos á sociedade de taxación Gesvalt, que mantén importantes vínculos coa SAREB, a propietaria da parcela”.

Cambios na volumetría

Jorge Duarte participou hoxe na reunión da comisión mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro, na que se fixo a presentación da proposta de solución arquitectónica para os terreos. Ainda que se manteñen os compromisos acadados en canto á edificabilidade e os usos da parcela, o concelleiro de Compostela Aberta advertiu que “a proposta supón un importante paso atrás, porque prevé solucións que xa foran so sabemos que non gozan de consenso social”. Así, explicou que o Goberno de Bugallo “quere alterar a actual volumetría do conxunto, abrindo a praza pública da parcela cara San Pedro de Mezonzo e non cara República Arxentina, onde se atopa o actual patio do colexio, o que suporá unha importante perda de luminosidade para os edificios desta rúa”. O mesmo vai pasar, explicou Duarte, na rúa da Rosa, porque o proxecto presentado hoxe prevé neste lateral da parcela unha edificabilidade de baixo máis sete alturas.

Aparcamento concesionado

O concelleiro de Compostela Aberta lamentou tamén que Bugallo “desoíra a demanda unánime dos grupos municipais e dos representantes de veciñanza e comerciantes para que o aparcamento que se vai construír na parcela do vello Peleteiro sexa financiado con fondos públicos e polo tanto sexa de xestión públicaI”. Na xuntanza de hoxe, o alcalde reiterou a súa aposta por un modelo concesionado, como o dos aparcamentos da Rosa ou da Praza Roxa. Para Jorge Duarte “Bugallo segue anclado na súa anterior etapa como alcalde, na que fomentou a construción de aparcamentos con concesións a 50 anos que teñen demostrado que non son a solución que precisa esta cidade, e desbota a posibilidade que tén de crear un novo aparcamento de xestión pública a través da empresa municipal Tussa, que xa xestiona actualmente os estacionamentos de Xoán XXIII, Belvis, Salgueiriños, Santa Marta e Pontepedriña, ademáis do servizo da ORA”.

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo