Compostela Aberta, Marea Atlántica, Marea de Vigo, Ferrol en Común e as mareas municipalistas de Teo, Sada, ou Cangas, entre outras, reclaman blindar e reforzar a autonomía local fronte á incautación do aforro dos concellos

O documento reclama o uso da totalidade do superávit dos concellos do 2019, así como os remanentes de tesouraría, a eliminación da regra de gasto e a interlocución directa da FEGAMP co Goberno Central, entre outras medidas.
  • O texto está asinado pola Marea Atlántica, Marea de Vigo, Compostela Aberta, Ferrol En Común, Alternativa Canguesa de Esquerdas, Sadamaioría, Son de Teo, Ribeiro en Común, Marea de Noia, Xuntos por As Pontes, Veciñanza de Cuntis e Unidade Veciñal de Dodro.

O plan do Ministerio de Facenda para a incautación dos remanentes de concellos e deputacións, aprobado onte pola FEMP, pisotea as competencias municipais, adoece dun marcado carácter centralista e supón un desprezo para o traballo dos concellos. Este plan cuestiona o espírito do artigo 140 da Constitución Española e rebenta a xa moi tocada autonomía municipal, pretendendo tutelar aos concellos. Fronte ao que consideramos unha escusa para limitar o gasto e o investimento locais, as mareas municipalistas de Galicia demandamos a protección das persoas, sobre todo das máis vulnerables.

Nun contexto como o de esta crise na que os concellos son vitais para a cidadanía, as diferentes forzas do común galegas que gobernan ou traballan dende a oposición en diferentes concellos do noso país, asinamos este manifesto en contra da incautación do aforro dos concellos. Non se pode gobernar de costas ás administracións locais, que son as máis próximas á xente e as primeiras ás que se acode.

O municipalismo galego sempre se mostrou contrario á chamada Lei Montoro e a que fosen os concellos os que pagasen a factura dunha crise que non provocaran. Agora máis que nunca, dende o municipalismo galego esíxeselle ao Estado a supresión da Lei de Racionalidade Orzamentaria e Sustentabilidade Orzamentaria.

Acordo de Pleno

Compostela Aberta lembra que o Pleno da Corporación de Santiago xa tén aprobada unha moción conxunta de CA, BNG e PSOE en relación ao uso dos remanentes municipais por parte das entidades locais. Nela, esíxelle ao Goberno do Estado que permita aos Concellos o uso da totalidade do seu superavit do 2019 así como a derrogación urxente dos artigos que afectan á autonomía local da chamada Lei Montoro. Ademais, o acordo establece que o Goberno municipal debe informar do marco financeiro resultante do orzamento do 2020 e seguintes do Concello de Santiago tendo en conta o principio de acordo ao que teñen chegado o Goberno español e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) sobre o uso de remanentes de tesouraría.

PODES CONSULTAR AQUÍ O COMUNICADO DAS FORZAS MUNICIPALISTAS

Arquivado en:FacendaRemanentes
Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

María Rozas: “O Goberno de Bugallo gastou case cinco millóns de euros sen ningunha fiscalización en 2021”

Marta Lois: “CA apoiará os remanentes de 2021 pero tamén vixiará que se executen. Estes fondos non poden ser só propaganda”

A portavoz de Compostela Aberta recorda que “se o Concello tén 23 millóns de euros de remanentes é porque o Goberno de Bugallo foi incapaz de executar os seus orzamentos en tempo e forma”

Compostela Aberta pide destinar os remanentes a axudas fronte á crise e a obras demandadas pola veciñanza

A portavoz de CA pídelle ao Goberno que “escoite as peticións dos barrios e cumpra os acordos do Pleno”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo