Compostela Aberta mostra o seu apoio á comunidade educativa do CEIP Monte dos Postes

A concelleira María Rozas cualifica de “inadmisible que os recortes da Xunta obriguen ao alumnado de só sete anos a ter ata oito profesores distintos”

Compostela Aberta mostrou hoxe o seu apoio á comunidade educativa do CEIP Monte dos Postes, que vén de denunciar que o centro tén que compartir un titor co colexio das Fontiñas, “nun claro exemplo das graves consecuencias que teñen os recortes no Ensino impostos pola Xunta de Galicia”. A concelleira María Rozas cualificou de “inadmisible que a Consellería de Educación non sexa quen de cubrir unha praza vacante, e obrigue a nenos e nenas de só sete anos a teren ata oito profesores distintos”

Tal e como denunciou a ANPA do CEIP Monte dos Postes, a Consellería de Educación non cubriu a praza dunha profesora do centro que se atopa en comisión de servizos, e optou porque o colexio comparta un titor co colexio das Fontiñas. O profesor estará dous días á semana en Fontiñas e tres en Monte dos Postes, e o alumnado de 2º de Primaria deste centro terá ata oito mestres distintos que cubrirán as horas de ausencia do titor. Para María Rozas, “finalmente serán os nenos e nenas os que paguen as consecuencias dos recortes da Xunta de Galicia, que repercuten directamente na calidade do ensino”. A concelleira mostrou o total apoio de Compostela Aberta ás reivindicacións da comunidade educativa do centro, e instou á Consellería de Educación a rectificar canto antes “unha decisión que non se entende, e menos en tempos de pandemia cando se adoptan medidas excepcionais para minimizar os contactos entre o alumnado”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo