CA apoia ás traballadoras do SAF e reclama a mediación do Goberno “diante dos abusos da empresa Servisar”

María Rozas e Marta Lois reuníronse coas traballadoras, ás que a concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar vén de comunicarlles modificacións nas condicións laborais que lles van causar graves prexuízos
  • A empresa ameaza con considerar laborais todos os días da semana, e a establecer turno partido para todas as traballadoras con xornada continua

Compostela Aberta vén de trasladarlle o seu apoio ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar, que estuda posibles mobilizacións diante da intención da empresa de empeorar sensiblemente as súas condicións laborais. A portavoz municipal, María Rozas, e a concelleira Marta Lois mantiveron unha xuntanza cunha representación das traballadoras, que non descartan a convocatoria dunha folga en maio. Para CA, “é inadmisible que Servisar pretenda precarizar aínda máis a estas mulleres, que prestan un servizo moi sensible, que é de titularidade municipal”.

O persoal do SAF vén de denunciar que a empresa concesionaria do servizo informou onte da súa intención de modificar as súas condicións laborais, “con medidas que suporán graves prexuízos para as traballadoras”. Así, a proposta que Servisar lles entregou por escrito recolle unha nova distribución da xornada pola que pasarían a ser laborais todos os días da semana de luns a domingo cos descansos legais recoñecidos pola normativa; o establecemento do turno partido para o persoal que estaba con xornada continua, e a redución do 25 por cento da xornada para as traballadoras contratadas a tempo parcial. 

Mediación do Goberno local

María Rozas volveu reclamar a mediación do Goberno local, “porque o acontecido onte é a gota que colma o vaso, despois de moitos meses de conflito no Servizo de Axuda no Fogar, de moitos meses de queixas das traballadoras ante a pasividade do alcalde e da concelleira Mila Castro”. A portavoz municipal de CA e a concelleira  lembraron que “xa houbo unha xornada de folga das traballadoras en febreiro, sen ningunha reacción por parte do Goberno, e en xaneiro, o PSOE abstívose no Pleno na votación dunha moción de Compostela Aberta exisindo o cumprimento das condicións sociolaborais das traballadoras, unha abstención que deixou ben claro que a súa intención é manterse á marxe de calquera conflito”.

Rozas e Lois reclamáronlle ao Goberno “que explique cales son as circunstancias polas que a empresa modifica as condicións laborais das traballadoras, tendo en conta que Servisar insiste na súa comunicación ao persoal na responsabilidade do Concello e das persoas usuarias pola súa inflexibilidade para mover os horarios de prestación dos servizos”. 

Compostela Aberta lembra que o conflito no Servizo de Axuda do Fogar non é novo, que as 200 traballadoras do servizo non están cobrando as subidas correspondentes ao IPC de 2021 e 2022, tal e como lles correspondería por convenio, “o que supón deixar de cobrar entre 100 e 150 euros mensuais, “unha cantidade moi importante cando falamos de salarios que rozan os mil euros”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo