Compostela Aberta pedirá no Pleno a modificación dos orzamentos do 2021 para garantir máis axudas á hostalería e o comercio

Marta Lois: “Os sectores máis damnificados pola crise non teñen a culpa de que Bugallo botara mal as contas e non poida cumprir a súa palabra”
  • María Rozas sinala que “a liquidación do orzamento de 2020 demostra que hai capacidade para destinar 1,5 millón de euros máis a axudas directas”

Compostela Aberta reclamará no Pleno que o Goberno poña en marcha un modificativo de crédito do orzamento municipal de 2021, aprobado inicialmente, para destinar 1,5 millóns de euros máis a axudas directas ao comercio e a hostalería. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, e a concelleira María Rozas, insistoron hoxe en que “Bugallo debe cumprir o compromiso que adquiriu con eses sectores, que non deben pagar as consecuencias da irresponsabilidade dun alcalde que fixo as contas da leiteira cos remanentes municipais”.

Marta Lois lembrou que foi o alcalde quen, por iniciativa propia e co obxectivo de enlear o debate dos orzamentos municipais, anunciou o pasado 12 de marzo que o Concello ía ter 5 millóns de euros dispoñibles, procedentes das partidas non executadas en 2020. Nese momento, explicou a portavoz de CA, Bugallo mostrou a súa intención de destinar dous millóns de euros para axudas directas á hostalería e o comercio, e tres millóns de euros para novas obras. Foi no 23 de marzo cando, na xunta de portavoces, “o alcalde tivo que asumir a proposta unánime da oposición para destinar 3,5 millóns de euros para axudas directas ao comercio e a hostalería, un reparto do que despois quixo presumir como se fora iniciativa do seu Goberno darlle prioridade aos sectores máis afectados pola pandemia fronte ás obras”.

A portavoz de Compostela Aberta explicou que Bugallo recoñeceu o 7 de abril nunha Xunta de Voceiras que as súas contas estaban mal botadas e que non habería 5 millóns de euros dispoñibles, senón algo menos da metade; “unha información da que o alcalde xa dispoñía desde unha semana antes, o 30 de marzo, que foi cando a intervención municipal asinou o informe da liquidación do orzamento do 2020”. Novamente, apuntou Marta Lois, “foi o Goberno quen decidiu perder unha semana, ao mesmo tempo que urxe aos grupos da oposición a facilitar os trámites e chantaxea incidindo na urxencia de convocar novas axudas directas para a hostalería e o comercio”.

“A liquidación de 2020 demostra que hai marxe para modificar as contas”

Marta Lois lamentou que Bugallo “se limite á autocompracencia e a incidir en que Santiago é o concello que está a repartir máis axudas, porque gran parte delas beben de fondos da Deputación da Coruña, e porque a situación das arcas municipais de Compostela permite afrontar estas convocatorias tan necesarias”. A portavoz de CA tamén criticou que o alcalde “xogue á confusión coas cifras, vendendo as mesmas axudas varias veces, querendo trasladar a sensación de que se destinan ás axudas moitos máis cartos dos que en realidade se están a repartir”.

Pola súa banda, a concelleira María Rozas incidiu en que “é técnicamente posible realizar un modificativo de crédito do orzamento municipal de 2021, que está aprobado inicialmente, e de feito a Xunta de Goberno xa aprobou dous modificativos para proxectos da EDUSI e para un sistema de seguridade e comunicacións no parque de bombeiros, cuestións que xa deberan estar previstas nuns orzamentos aprobados hai só unhas semanas”. A edila incidiu en que “no orzamento hai máis marxe para facer cambios, tal e como demostran os datos parciais da liquidación de 2020 á que xa tivemos acceso”.

María Rozas lembrou que o Goberno “leva meses queixándose de que non tén marxe nos orzamentos, poñendo escusas para non introducir nas contas propostas da oposición que suporían só uns miles de euros, pero os informes técnicos din xusto o contrario”. Así, a concelleira explicou que “ademais da baixa execución dos investimentos, un 21 %, o Goberno de Bugallo deixou sen gastar 15 millóns de euros de gasto corrente, malia os incrementos de custos de servizos como a limpeza ou os comedores escolares por mor da Covid”. O total do gastado en 2020 foi do 67%, “a porcentaxe máis baixa dos últimos seis anos, cun Goberno dos supostos bos xestores que viñan coa promesa de mellorar a liquidación e o que están a facer é empeorala”. Por iso, María Rozas incidiu en que só é precisa “vontade política” para iniciar a tramitación dun modificado do orzamento “que permitiría incrementar as contías dispoñibles para a convocatoria de axudas directas que o Goberno xa tén anunciado para o próximo verán”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO DE SANTIAGO CUMPRA O ACORDO ADOPTADO EN XUNTA DE PORTAVOCES DO DÍA 23 DE MARZO SOBRE OS 3,5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS DIRECTAS AO COMERCIO E HOSTALERÍA

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo