Compostela Aberta pedirá no Pleno a retirada das pistolas Táser que veñen de ser adquiridas para a Policía Local

O  grupo municipal de CA respalda así a petición que lle fixo ao alcalde o Observatorio para a defensa dos direitos e liberdades, EsCULcA

Compostela Aberta vén de mostrar o seu apoio á petición formulada polo Observatorio para a defensa dos direitos e liberdades, EsCULcA para que o Goberno local retire as pistolas Táser adquiridas para uso da Policía Local. O grupo municipal de CA levará ao próximo Pleno da Corporación un rogo para reclamar que esa demanda sexa atendida, porque “este tipo de armas mostraron xa amplamente en numerosos países a súa perigosidade”.

O pasado 15 de maio, o alcalde deu conta en rolda de prensa da compra das pistolas táser, da que xa informara previamente a prensa, vinculando a adquisición á crise da Covid-19. Bugallo cualificou a compra de “medida preventiva”, e afirmou que a “os recursos e as armas que ten a Policía Local non cobren o escenario que temos na actualidade polo coronavirus”. Tal e como lembrou o Observatorio para a defensa dos direitos e liberdades, EsCULcA, no escrito que lle remitiu ao alcalde o pasado día 18, “as pistolas Táser son armas perigosas, e polo tanto deben considerarse incluídas no acordo adoptado polo Peno da Corporación o 20 de xullo de 2017 para a interrupción do uso de armas perigosas por parte dos axentes das forzas e corpos policiais na cidade”. Ademais, as Táser non aparecen citadas nin como material obrigado nin como equipo opcional a elección dos concellos no Decreto 60/2010, de 8 de abril, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos.

O propio fabricante advirte dos riscos destas pistolas

As pistolas Táser poden causar severos danos, tal e como a propia empresa fabricante explica na súa Guía para o usuario. Nela explícase que “someter a unha persoa a 15 segundos de descargas eléctricas desta arma produce o mesmo efecto físico que ter sido esganado, e eses efectos psicolóxicos e metabólicos aumentan o riesco de morte ou dano severo”. Entre os posibles efectos adversos das Táser están as hernias, deslocacións en tendóns e ligamentos, e mesmo fracturas, debido ás contraccións que experimentan os músculos durante as descargas. Ademais, as persoas con doenzas previas son máis propensas a sufriren feridas, e os danos provocados polas pistolas poden ser maiores se a persoa inmobilizada reacciona intentando facer un movemento rápido, tal e como acontece habitualmente

A Guía para o usuario das pistolas que o Concello de Santiago acaba de comprar para a Policía Local advirte tamén que se a arma se dispara apuntando á cabeza pode producir epilepsia, por mor da descarga de 50.000 voltios coa que se inmobiliza ao individuo; e os seus dardos poden penetrar ata unha pulgada dentro da pel, se se disparan a unha parte descoberta do corpo e a pouca distancia.

Compostela Aberta tamén quere saber se todos os axentes da Policía Local de Santiago están “debidamente formados para o uso correcto destas perigosas armas, e se a súa utilización se limitará aos efectivos que sí acrediten esa formación”. Ademais, CA pregunta se a Policia Local adoptará algunha medida de seguridade adicional por se tivesen que facer uso desta arma. No caso dos Mossos d’Esquadra -que tamén empregan estas pistolas- os axentes están obrigados a levar desfibriladores por se o disparo da Táser provoca unha parada cardíaca ou unha arritmia á víctima, así como unha cámara para gravar as actuacións nas que se empregue esta arma para comprobar que o seu uso foi correcto. Ata o momento, o Goberno local non ten informado de que a Policia Local se teña dotado dun protocolo que garanta a seguridade no uso das Táser, con medidas como estas ou outras.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A COMPRA DE PISTOLAS TÁSER PARA A POLICÍA LOCAL

Arquivado en:BugalloPleno
Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo