Compostela Aberta pedirá no Pleno melloras na escola infantil de Laraño

María Rozas visitou o centro, que precisa pequenas actuacións “fácilmente solventables se hai vontade por parte do Goberno"

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno as demandas da Escola Infantil de Laraño, despois da visita que a portavoz municipal, María Rozas, vén de realizar ás instalacións. A concelleira explicou que “o centro precisa melloras que son fácilmente executables e das que a concellería de Educación ten coñecemento, aínda que o Concello bote balóns fóra e mesmo cheguen a recomendarlle á dirección da escola que xestione as súas peticións a través da liña verde, pensada para que a cidadanía notifique as súas incidencias”.

A de Laraño é unha das tres escolas infantís rurais que sobreviven en Santiago, xusto coas de Marrozos e Gaioso, e é a que conta con maior número de alumnos e alumnas. O centro precisa algunhas melloras no que tén que ver co sistema de calefacción, ou co equipamento dos seus aseos “que non son os máis acaídos para nenos e nenas tan pequenos, e que mesmo están obsoletos, como é o caso dos retretes con cisterna de cadea, que ademais de seren incómodos para o alumnado supoñen un importante desperdicio de auga”. Ademais destas actuacións, a comunidade educativa ten outras demandas “que se solucionarían de inmediato cunha cuestión de vontade, pero que na concellería de Educación non dan atendido malia os intentos reiterados da dirección da escoliña”. Así, reclaman que se renove o areeiro do centro, “que está absolutamente inutilizable, sen area e cheo de pedras”, que se poden os plataneiros do patio “que ademais de deitar polas sobre o tellado ocultan por completo a farola que debera iluminar a zona”; e que se doten máis elementos de xogo para o exterior.

María Rozas explicou que “estas actuacións son doadas e non teñen un importante custo económico, polo que custa máis entender que non foran xa solucionadas”. Para a voceira de CA, “o máis incomprensible é que se lle indique á directora que tén que tramitar estas peticións a través da Liña Verde, unha aplicación que está pensada para que a cidadanía, a título individual, traslade as súas incidencias como fochancas ou problemas de iluminación, pero non para que se tramiten as peticións dos centros escolares, que deben ter liña directa co departamento de Rubén Prol”.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo