Compostela Aberta pide a colocación dunha placa de homenaxe ás vítimas da violencia machista na Praza 8 de marzo

Marta Lois lamenta que o Concello teña sen actualizar os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, e que siga sen desenvolver o novo Plan de Igualdade

Compostela Aberta reclama a colocación, na Praza 8 de marzo, dunha placa en lembranza das mulleres vítimas da violencia de xénero, e a realización dun acto de recoñecemento ao movemento feminista no Concello, con motivo do 25 de novembro. Son algunhas das propostas que CA inclúe na proposición que levará ao próximo Pleno, ante a proximidade da celebración do Día Internacional contra as Violencias Machistas. A portavoz municipal, Marta Lois, insistiu en que “as administracións públicas, e especialmente as máis próximas á cidadanía como son os concellos, deben utilizar todas as ferramentas posibles para erradicar as violencias machistas, que teñen a súa orixe na hexemonía patriarcal e nas graves fendas de xénero existentes nos ámbitos familiares, educativo, social, económico ou cultural”.

Marta Lois sinalou que no que levamos de ano 36 mulleres foron asasinadas no Estado, vítimas da violencia machista, unha delas en Galicia. A portavoz de Compostela Aberta incidiu na necesidade de “erradicar as causas estruturais e sociais que sustentan as desigualdades de xénero e de impulsar políticas públicas efectivas na prevención das violencias machistas e na promoción da igualdade”, e reclamou que “este traballo sexa unha prioridade política para o Concello de Santiago e non unha simple retórica para datas sinaladas como o 25N ou o 8 de marzo”. 

A concelleira de Compostela Aberta lamentou “a falta de iniciativa do Concello de Santiago en materia de Igualdade”, e lembrou que “malia que desde CA o reclamamos en reiteradas ocasións, o Goberno do PSOE segue sen actualizar os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, e sen elaborar o novo Plan de Igualdade, que substitúa ao rematado en 2020”.  

Recoñecemento ao movemento feminista

Na proposición que se debaterá no Pleno deste mes, Compostela Aberta pide a instalación dunha placa na Praza 8 de marzo “que lembre ás mulleres vítimas de violencia machista nun espazo que, ademais, é o habitualmente empregado para as concentracións e actos do movemento feminista”.

Ademais, CA pide que o Concello recoñeza o labor do movemento feminista de Santiago, “cun acto que se podería celebrar no Pazo de Raxoi o 25 de novembro, coincidindo coa celebración do Pleno ordinario do próximo mes, e no que deberían participar representantes dos colectivos que veñen realizando un traballo constante en prol da igualdade e contra as violencias machistas”. Nesa liña, CA tamén reclama que o Concello colabore co movemento feminista na organización e loxística dos actos do 25N, e que programe actos e actividades municipais con motivo do Día Internacional contra as violencias machistas.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS E PARA LEMBRAR ÁS MULLERES VÍTIMAS DAS VIOLENCIAS MACHISTAS E Ó MOVEMENTO FEMINISTA COMPOSTELÁ NA CONMEMORACIÓN DO 25-N

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo