Compostela Aberta pide a creación dunha comisión para que Goberno e oposición impulsen un Plan de Rescate Social tras a Covid-19

O  grupo municipal de CA reclama tamén unha mesa de diálogo co tecido social de Santiago para acordar as medidas para a recuperación tras a pandemia

Compostela Aberta pedirálle ao alcalde a creación dunha comisión especial que impulse un Plan de Rescate Social para Santiago tras a crise do coronavirus, na que estean representados todos os grupos da corporación municipal. Así se recolle nunha proposición que a concelleira Marta Lois defenderá no Pleno ordinario de mañá, e na que tamén se insta ao Goberno a impulsar unha mesa de diálogo co tecido social de Compostela, para que sexa partícipe da elaboración e implementación das medidas acordadas.

A concelleira Marta Lois avogou porque “o conxunto da Corporación, Goberno e oposición, colaboren na planificación dun Plan de Rescate Social que garanta os dereitos sociais de toda a cidadanía de Santiago tras a crise da Covid-19”. Esa colaboración, engadiu, debe materializarse a través dunha ferramenta contemplada no regulamento orgánico do Pleno, que no seu artigo 121.4 fala da creación das “comisións informativas, de estudo ou proposta de carácter especial para a consulta ou seguimento dun programa, expediente ou asunto determinado cuxa importancia ou complexidade o aconselle”. Para Marta Lois, “esta comisión sería o insturmento institucional acaído para colocar o público como elemento de cohesión social e de protección para as persoas máis desfavorecidas”.Nesa liña, a concelleira sinalou que o Plan de Rescate Social “debe procurar medidas que poñan o foco nas políticas sociais, nos coidados e na conciliación; e tén que atender tamén á recuperación do emprego, á procura dun novo modelo turístico e á reactivación do Plan de Reindustrialización de Santiago”.Ademais das competencias municipais, Compostela Aberta entende que a Comisión de Estudo debe ser o órgano a través do que se canalicen as demandas a outras administracións,  “nomeadamente á Xunta, que debera poñer en marcha unha Mesa municipal e social galega na que coopere cos concellos e cos representantes sociais para combater a situación de emerxencia sanitaria e social”.

Diálogo co tecido social

Na proposición que se debaterá no Pleno ordinario de mañá, Compostela Aberta tamén reclama a creación dunha Mesa de diálogo social con representantes das centrais sindicais e do tecido empresarial e comercial da cidade. Esa ferramenta, apunta Marta Lois, “debe servir para manter unha información constante co tecido social, pero tamén e sobre todo para recoller as súas demandas e consensuar medidas de rescate fronte ás consecuencias socioeconómicas da pandemia da Covid-19”.

Marta Lois lembrou que “desde o comezo desta crise, Compostela Aberta vén mantendo unha actitude colaborativa e propositiva, pensando no interese das persoas”. Nesa liña, o grupo municipal tenlle presentado ao Goberno local diferentes documentos de propostas, tanto de accións urxentes para afrontar a pandemia como de medidas para recuperar sectores estratéxicos para Santiago como o pequeno comercio e a hostalería, o turismo, ou a cultura.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DE CA PARA A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN ESPECIAL DE ESTUDO QUE IMPULSE UN PLAN DE RESCATE SOCIAL

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo