Compostela Aberta pide a declaración do Souto como Espazo Natural de Interese Local

  • O Concello pode instar á Xunta a aprobar a declaración provisional e, no prazo de dous anos, elaborar un Plan de Protección do Souto de cara á declaración definitiva como ENIL
  • Jorge Duarte lembra que o Souto “ten un enorme valor natural, patrimonial, arqueolóxico e etnográfico que é preciso protexer”

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno da Corporación unha moción na que pide que o Concello de Santiago inste á Xunta a declarar O Souto como Espazo Natural de Interese Local e que o órgano municipal competente elabore e presente o plan de conservación deste espazo. O concelleiro Jorge Duarte lembrou que a área do Souto “tén un enorme valor patrimonial, arqueolóxico e etnográfico, ademais de natural, que é preciso protexer fronte a ameazas como a que no seu día supuxo a do proxecto da nova depuradora de Santiago”.

Jorge Duarte explicou que a declaración dun espazo natural de interese local é competencia da Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, tal e como se regula na Lei de Conservación da Natureza de 2001. Esa normativa foi desenvolvida nun Decreto de 2005, que recolle a posibilidade de que “a petición dun concello, a Consellería aprobe a declaración do espazo natural de interese local de xeito provisional, por un prazo non superior a dous anos. Dentro dese prazo, o concello promotor deberá presentar o plan de conservación do espazo”.

Carballeiras, fauna protexida e patrimonio etnográfico

O concelleiro apuntou que Santiago “non conta con ningún espazo natural con este nivel de protección, e O Souto cumpre todosos requisitos para ser o primeiro”. Nesa liña, Duarte lembrou que nesta zona situada entre Laraño e Villestro “concéntranse catro carballeiras, charcas oligotróficas, eutróficas, e brañas; viven tres especies de fauna protexidas como a papuxa do mato, a lontra e o caracol de Quimper; e conta cun importante patrimonio etnográfico”.

O edil de Compostela Aberta apuntou que o Concello de Santiago encargou en febreiro de 2018 un estudo para a valoración ecolóxica do Souto, no que se apunta que “sería preciso profundizar na descrición e estudo das carballeiras e nas comunidades de flora e fauna deste espazo, así como mellorar a protección e conservación dos seus elementos”. O informe tamén suxire “incrementar o valor ecolóxico do monte do Souto mediante traballos de restauración ecolóxica que reforcen a función deste ecosistema como cortalumes natural e como refuxio de biodiversidade. Jorge Duarte lembrou que “estes informes avalan a aposta que fixo o Goberno de Compostela Aberta para que a nova EDAR se constrúa na localización da actual depuradora da Silvouta, unha aposta que se está materializando nun proceso que ACUAES xa tén avanzado”. Ao tempo, lembrou que “foi o acordo entre o alcalde Bugallo e o entón conselleiro Agustín Hernández o que posibilitou que o PP puxera en risco o Souto co proxecto da nova EDAR, un acordo que ambos alcanzaron antes das eleccións de 2011 por intereses unicamente electoralistas”

Por todo iso, a moción de Compostela Aberta pídelle ao Concello de Santiago que inste á Xunta de Galicia a declarar O Souto como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de xeito provisional, e insta tamén ao órgano municipal competente a elaborar e presentar, nun prazo non superior a dous anos desde a declaración provisional, o plan de conservación deste espazo de cara ásúa declaración definitiva como Espazo Natural de Interese Local.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Compostela Aberta non apoiará ningún modelo de xestión da auga que non garanta o control público do servizo 

María Rozas lamenta que a oposición “manteña unha posición prefixada e non contemple ningunha alternativa ao modelo privatizado que despois de máis de 50 anos deixou unhas infraestruturas obsoletas en Santiago e unha preocupante falta de transparencia”. CA defende a fórmula da empresa mixta para avanzar no control público da auga e para garantir que os seus beneficios se reinvistan na mellora do servizo e polo tanto en favor da veciñanza.

Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Compostela Aberta apoia a folga na Atención Primaria

Compostela Aberta manifesta o seu apoio á folga convocada polo persoal da Atención Primaria en Galicia, co obxectivo de protestar contra a precariedade laboral e asistencial que sofre o sistema sanitario galego. Denunciando unha estratexia calculada, por parte do goberno galego, que procura un desmantelamento do servizo público e unha privatización paulatina dun dos que debería ser un dos piares do Estado de benestar galego.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo